Ao final da guerra, Finlay traballou como pastor de ovellas, antes de empezar a escribir contos e poemas.
Obra escrita
Finlay publicou varios libros, incluíndo The Sea Bed and Other Stories (1958) e The Dancers Inherit the Party (1960). Ademais, escribiu varias obras teatrais curtas, algunhas das cales foron transmitidas pola BBC.[1]
En 1963, Finlay publicou Rapel, a súa primeira colección de caligramas. Esta obra foi publicada case na súa totalidade pola súa propia editorial, Wild Hawthorn Press.
Escultura e xardinaría
Así mesmo, Finlay empezou a inscribir os seus poemas en pedras e colocábaas no ambiente. Este tipo de ambientes foron usados extensivamente no seu xardín Little Sparta en Pentland Hills, preto de Edimburgo, onde vivía. Este xardín, cunha área de cinco acres, tamén inclúe esculturas convencionais e pequenos templos. Nunha enquisa realizada polo xornal Scotland on Sunday en 2004, cincuenta artistas profesionais elixiron a Little Sparta como o traballo artístico máis importante de Escocia, vencendo á Glasgow School of Art e a pintura The Skating Minister.[2] O historiador británico sir Roy Strong dixo que Little Sparta é "o único xardín realmente orixinal feito no país desde 1945."[3]
Finlay usou varios temas recorrentes nas súas obras, incluíndo referencias os escritores clásicos (especialmente Virxilio), á pesca e ao mar, así como un interese especial na Revolución francesa e a Segunda guerra mundial.
Obra en Galiza
Ian Hamilton Finlay, estaba afectado por agorafobia crónica, foi o único dos doce artistas internacionais que non viaxou a Pontevedra en 1999 para instalar a súa obra na Illa das Esculturas. A súa peza, "Petrarca", consiste en tres medallóns de lousa verde de Lugo gravados co nome de Francesco Petrarca e números romanos de sonetos do poeta italiano, simbolizando amor e soidade. Aínda que nunca visitou a súa obra, supervisou a instalación desde o seu estudio en Escocia.[4]
Morreu en Edimburgo en 2006, aos 80 anos.[8] Nos seus últimos anos, un derramo cerebral mellorou a súa fobia, permitindo que viaxase ocasionalmente, pero nunca chegou a visitar Pontevedra. Finlay estivo casado en dúas ocasións e foi sobrevivido por un fillo e unha filla.[4]