Hildegard Knef, nada en Ulm o 28 de decembro de 1925 e finada en Berlín o 1 de febreiro de 2002, foi unha actriz e cantante alemá. Foi acreditada nalgúns filmes en inglés como Hildegard Neff e Hildegarde Neff.
Traxectoria
Hildegard Knef naceu en Ulm, filla de Hans Theodor e Friede Augustine Knef. O seu pai, veterano condecorado da primeira guerra mundial, faleceu de sífilis cando ela tiña só seis meses, e a súa nai mudouse a Berlín para traballar nunha fábrica.[1] Knef comezou a estudar interpretación con catorce anos en 1940. Abandonou a escola con quince anos para converterse en animadora aprendiz da Universum Film AG. Despois dunha proba de pantalla de éxito, pasou á Escola Estatal de Cinema de Babelsberg, onde estudou interpretación, ballet e elocución. Joseph Goebbels, escribiulle para coñecela, mais os amigos de Knef querían que se mantivese lonxe del.[1]
Anos máis tarde, o primeiro marido de Knef, un estadounidense chamado Kurt Hirsch, animouna a intentar de novo o éxito nos Estados Unidos. Cambiou o seu apelido de Knef a Neff, mais só lle ofreceron un papel secundario en As neves do Kilimanjaro (1952). A súa reputación nos Estados Unidos viuse ferida polas súas escenas espida en Die Sünderin (1950) e porque aos dezanove anos se namorou dun nazi.[3] Finalmente recibiu a oferta de protagonizar o musical de Broadway Silk Stockings de Cole Porter, baseado no filme de 1939 Ninotchka. O crítico teatral de The New York TimesBrooks Atkinson describiu a súa actuación como "inmensamente habilidosa".[1]
Na década de 1960, Knef tomou un descanso da interpretación e comezou a escribir cancións. Comezou entón unha carreira de éxito con concertos e discos.[1] Iniciou a carreira como cantante en Broadway,[4] sorprendendo o público coa súa voz fonda de fumadora e polas súas letras, escritas por ela mesma. Publicou vinte e tres álbums orixinais con 320 cancións diferentes. Ela mesma escribiu 130.[5]
Casou tres veces e divorciouse dúas.[1] Tivo unha filla (nada en 1968) co seu segundo marido, David Cameron Palastanga.
Knef faleceu en Berlín, onde se mudara trala reunificación alemá. Associated Press informou que morrera dunha infección pulmonar con 76 anos. Knef fumou fortemente a maior parte da súa vida e sufriu un enfisema.[1]
Kusztrich, Imre: Ich bin kein Mannequin für Krebs. Reden, fühlen, zittern mit Hildegard Knef. Erinnerungen und Gespräche aus den schwierigsten Jahren einer großen Künstlerin im aufreibenden Kampf mit Medien und Alltag IGK-Verlag, Neusiedl/Österreich 2011, ISBN978-3-9503215-3-1.
Roek, Petra: Fragt nicht, warum: Hildegard Knef – die Biografie. Edel Edition, Hamburg 2009, ISBN978-3-941378-01-8.
Schröder, Christian: Hildegard Knef. Mir sollten sämtliche Wunder begegnen. Biographie. Aufbau-Verlag, Berlin 2004, ISBN3-351-02575-0.
Trimborn, Jürgen: Hildegard Knef. Das Glück kennt nur Minuten. Deutsche Verlags-Anstalt, München 2005, ISBN3-421-05827-X.
Weidner, Corinna (Hrsg.): Hildegard Knef. Fotografien von Rico Puhlmann. Schwarzkopf & Schwarzkopf Verlag, München 2005, ISBN3-89602-662-3.
Weißbarth, Eberhard: Hildegard Knef – zwischen gestern und heute. Verlag Bibliothek der Provinz, Weitra/Österreich 2011, ISBN978-3-85252-910-3.
Ulrich E Bach: "The Woman Between: Hildegard Knef's Cold War Berlin Movies [1] In: Philip Broadbent & Sabine Hake (eds.) "Berlin: Divided City 1945-1989" (NYC: Berghahn Books, 2010): 115-125.