Herwig Wolfram, nado o 14 de febreiro de 1934, é un historiador austríaco que é Profesor Emeritus de Historia Medieval e Ciencias Auxiliares de Historia na Universidade de Viena[1] e o anterior director do Instituto de Investigación Histórica austríaca. É un importante membro da Escola histórica de Viena, e recoñecido internacionalmente polos seus traballos sobre a historia de Austria, dos godos, e as relacións entre os pobos xermánicos e mailo Imperio romano.
Traxectoria
Herwig Wolfram naceu en Viena, Austria o 14 de febreiro de 1934.[2] Estudou historia e latín na Universidade de Viena desde 1952, obtendo un doutoramento alí en 1957. Posteriormente exerceu como asistente universitario no Instituto de Historia da Universidade de Viena (1959-1961) e no Instituto de Investigacións Históricas Austríacas (1962-1969). Wolfram gañou a súa habilitación na Facultade de Filosofía da Universidade de Viena en 1966.
Wolfram foi profesor visitante na Universidade de California, nos Ánxeles, de 1968 a 1969, e posteriormente realizou moitas visitas aos Estados Unidos. Dende 1969, Wolfram foi profesor de Historia Medieval e Ciencias Auxiliares da Historia na Universidade de Viena. De 1983 a 2002, Wolfram foi tamén director do Instituto de Investigacións Históricas austríacas. Dende entón xubilouse da Universidade de Viena como profesor emérito.[3]
Investigacións
Wolfram é unha figura destacada da Escola histórica de Viena. O seu libro History of the Goths (1979) foi traducido a varias linguas e publicado en varias edicións completamente revisadas. É considerado o traballo estándar sobre os godos, e un traballo de grande importancia para o estudo dos pobos xermánicos en xeral. Nas edicións máis recentes deste traballo, Wolfram adoptou algunhas das controvertidas teorías de Walter Goffart. Os libros de Wolfram e Peter Heather sobre os godos son considerados os estudos máis importantes sobre o tema.
Recoñecementos e premios
- Membro da Academia de Ciencias de Austria
- Membro correspondente de Monumenta Historica
- Membro correspondente da Academia Medieval de América
- Medalla austríaca pola ciencia e a arte (2000)[11]
- Premio Cardinal Innitzer (2011)[12]
- Membro correspondente da Academia de Ciencias e Artes de Eslovenia (2015)[13]
Obras
Unha escolma de obras:
- Geschichte der Goten: Von d. Anfängen bis zur Mitte d. 6. Jh (1979). Múnic: Beck.
- Die Karolingerzeit in Niederösterreich (1980). St. Pölten: Niederösterreichisches Pressehaus.
- Das Reich und die Germanen: Zwischen Antike und Mittelalter (1990). Berlín: Siedler.
- Österreichische Geschichte (1994). Viena: Ueberreuter.
- Grenzen, Raume, Mentalitaten (1995). Viena: Picus.
- Gotische Studien: Volk und Herrschaft im frühen Mittelalter. (2005). Múnic: Beck.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Brown, T.S. (1 de xaneiro de 1990). The German History Society, ed. "History of the Goths". German History (en inglés) (Oxford University Press) 8 (1): 82–83. doi:10.1093/gh/8.1.82.
- Croke, Brian (1991). Australian and New Zealand Association of Medieval and Early Modern Studies, ed. "Review of the book History of the Goths". Parergon (en inglés) 9 (2): 183–184. ISSN 1832-8334. doi:10.1353/pgn.1991.0069.
- Fanning, Steven (xaneiro de 1990). American Catholic Historical Association, ed. "History of the Goths by Herwig Wolfram". The Catholic Historical Review (en inglés) 76 (1): 104–106. JSTOR 25023214.
- Goffart, Walter (2006). Barbarian Tides: The Migration Age and the Later Roman Empire (en inglés). Filadelfia: University of Pennsylvania Press. ISBN 9780812200287.
- Heather, Peter J. (novembro de 1989). Society for the Promotion of Roman Studies, ed. "H. Wolfram, History of the Goths". Journal of Roman Studies (en inglés) 79: 256. ISSN 0075-4358. JSTOR 301260. doi:10.2307/301260.
- Murdoch, Brian (2004). "Gothic". En Murdoch, Brian; Read, Malcolm. Early Germanic Literature and Culture (en inglés). Woodbridge, Suffolk: Boydell & Brewer. ISBN 9781571131997.
- Schutz, Herbert (outubro 1990). The American Historical Association, ed. "H. Wolfram, History of the Goths". The American Historical Review (en inglés) 95 (4): 1174. ISSN 1937-5239. doi:10.1086/ahr/95.4.1174.
Ligazóns externas