Heraklion
Heraklion, en lingua grega Ηράκλειο, trans. e rom. Irákleioé[1] (anteriormente chamada Candía), é a cidade máis grande de Creta e a capital da provincia homónima, unha das catro nas que se divide a illa. DemografíaCon máis de 173.000 residentes, é a cuarta cidade grega en poboación. En só unha década (2011) creceu cerca de 40.000 habitantes censados, desde os 132.000 habitantes permanentes que vivían alí segundo o censo de 2001. Conta cunha importante cantidade de poboación flotante debido ao turismo. SituaciónHeraklion está no norte de Creta. Está preto de Cnossos, a antiga capital de Creta e centro da civilización minoica, que alberga os restos do Palacio onde, segundo a lenda, se atopaba o labirinto onde estaba preso o Minotauro.[2] Heraklion ten un grande porto que conecta Creta coa Grecia continental. Clima e economíaHeraklion ten un clima mediterráneo de verán quente, que favorece o turismo de cruceiros e a agricultura, principalmente de oliveiras e viñedos.[2] Historia e lugares de interese![]() A vista máis interesante de Heraklion é a praza veneciana cunha fonte de mármore. A República de Venecia gobernou Heraklion entre os séculos XIII e XVI. Aínda quedan moitos monumentos importantes desta época, como a fortaleza medieval da cidade, outra das vistas importantes. O forte foi construído por árabes, bizantinos, otománs e venecianos mentres cada grupo gobernaba a cidade. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
|