Henrik Klackenberg
Sven Henrik Klackenberg|
Nacemento | 1 de marzo de 1954 Danderyd, Suecia (en) |
---|
País de nacionalidade | Sueca. |
---|
Educación | Universidade de Estocolmo. |
---|
Q89547790 | Director do Museo Histórico de Estocolmo. Heraldista do Estado Sueco. |
---|
|
Campo de traballo | Arqueoloxía, numismática, museoloxía e heráldica |
---|
Ocupación | heraldista, arqueólogo |
---|
|
- (2004) Medalla Gunnar Holst. - (2019): Medalla de ouro da Sociedade Heráldica Sueca. - (2020): Medalla de ouro da S. M. o Rei de Suecia. |
|
Descrito pola fonte | Vem är det 1997 (en) , (sec:Klackenberg, S Henrik, p.608) >>>:Klackenberg, S Henrik Vem är det 2001 (en) , (sec:Klackenberg, S Henrik, p.619) >>>:Klackenberg, S Henrik |
---|
Sven Henrik Klackenberg, nado o 1 de marzo de 1954 en Danderyd, provincia de Estocolmo, é un arqueólogo, numismático, anticuario e heraldista sueco, responsable da heráldica estatal de Suecia desde 1999.
Traxectoria
Klackenberg fixo os seus estudos superiores de Historia e Arqueoloxía na Universidade de Estocolmo, onde se graduou en 1978. Posteriormente acadou o seu doutoramento na Universidade de Lund en 1992 cunha tese sobre a cuñaxe de moeda na Suecia medieval.[1]
A súa primeira actividade profesional desenvolveuna traballando como arqueólogo na Xunta de Patrimonio Nacional de Suecia (Riksantikvarieämbetet), entre 1979 e 1984. Posteriormente pasou a ocupar o posto de anticuario do Museo Histórico de Estocolmo e en 1993 foi nomeado director dese museo e do Gabinete Real de Moedas (Kungliga Myntkabinettet).[1]
En 1998 foi designado heraldista adxunto e en 1999 responsable da heráldica estatal dos Arquivos Nacionais Suecos.[2] Esta responsabilidade leva aparellada a súa pertenza ao Comité Nacional Sueco de Xenealoxía e Heráldica, á Fundación Nacional Sueca e ao Comité Sueco de Tradición da Defensa.[1][3]
Klackenberg foi presidente da Sociedade Arqueolóxica Sueca (1997-1999) e formou parte do consello directivo da Asociación Sueca de Humanidades (1999-2007).[1]
Recoñecementos
- (2004): Medalla Gunnar Holst (Gunnar Holst Stiftelse för Numismatik), de Gotemburgo, Suecia,.[4]
- (2011): Cabaleiro de 1ª clase da Orde da Rosa Branca de Finlandia.[1]
- (2013): Chambelán da Corte Real de Suecia (Kungliga Hovstaterna).[1]
- (2016): Comisionado da Comisión Internacional para as Ordes de Cabalaría.[1]
- (2019): Medalla de ouro da Sociedade Heráldica Sueca (Svenska Heraldiska Föreningen).[5]
- (2020): Medalla de ouro da S. M. o Rei de Suecia (H.M. Konungens medalj).[6]
Publicacións
Estes son os traballos monográficos máis significativos dos publicados por Henrik Klackenberg ao longo da súa carreira:[7]
- (1977). Bebyggelsen i Svartlösa härad vid 1500-talets mitt. Estocolmo.
- (1980). Falköpings medeltida bebyggelse. 2. Stockholms universitet.
- (1981). Falköping. Rapport. Riksantikvarieämbetet och Statens historiska museer. Estocolmo. ISBN 91-7192-486-8
- (1981). Skövde. Rapport. Riksantikvarieämbetet och Statens historiska museer. Estocolmo. ISBN 91-7192-487-6
- (1981). Hjo. Rapport. Riksantikvarieämbetet och Statens historiska museer. Estocolmo. ISBN 91-7192-524-4
- (1982). Lidköping. Rapport. Riksantikvarieämbetet och Statens historiska museer. Estocolmo. Libris länk. ISBN 91-7192-509-0
- (1983). Bogesund. Rapport. Riksantikvarieämbetet och Statens historiska museer. Estocolmo. ISBN 91-7192-543-0
- (1984). Hästholmen. Rapport. Riksantikvarieämbetet och Statens historiska museer. Estocolmo. ISBN 91-7192-605-4
- (1992). Moneta nostra: monetarisering i medeltidens Sverige. Lund studies in medieval archaeology. Almqvist & Wiksell, Estocolmo. ISBN 91-22-01506-X
- (2002). Medeltidsstadens arkeologi. Swedish Science Press, Uppsala.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Véxase (1992) en "Bibliografía".
- ↑ Stugart, M. (2004). ”DN GRATULERAR: Han vårdar vårt kulturarv”. Dagens Nyheter. 1 de marzo.
- ↑ "Han förvaltar vårt heraldiska arv Henrik Klackenberg berättar om sin uppgift som Statsheraldiker". Svenska Heraldiska Föreningen.
- ↑ "Gunnar Holst-priset för år 2004". En Svensk Numismatisk Tidskrift. Febreiro de 2005. Páxina 13.
- ↑ ”Medaljörer 2019. Henrik Klackenberg". Svenska Heraldiska Föreningen”.
- ↑ "Medaljförläningar 28 januari 2020". Sveriges Kungahus.
- ↑ "Klackenberg, Henrik, 1954". Libris.kb.se