A helmintoloxía é a ciencia que estuda os vermes ou helmintos. A palabra deriva do termo do grego antigo ἕλμινθος hélminthos, 'verme' e a forma -λογία -logía (de λόγος lógos, 'palabra', 'expresión', 'tratado').
Trátase esencialmente dunha rama da parasitoloxía médica e veterinaria.
Os organismos estudados por esta rama da parasitoloxía forman parte basicamente de dous filos: os platihelmintos e os nematodos. Ambos os os grupos posúen especies aplanadas ou alongadas, de sección cilíndrica, respectivamente, e de vida libre pero tamén importantes parasitos humanos e animais.
Entre os platihelmintos destacan os trematodos e os cestodos (solitarias).
Considérase a Francesco Redi (1626-1697) e a Karl Asmund Rudolphi (1771-1832) como os fundadores da helmintoloxía.