Un organismo ou ser vivo é un conxunto de átomos e moléculas que forman unha estrutura material moi organizada e complexa, na que interveñen sistemas de comunicación molecular, que se interactúan co ambiente intercambiando materia e enerxía dunha forma ordenada e que desempeña as funcións básicas da vida, que son a nutrición, a relación e a reprodución, de tal xeito que os seres vivos atúan e funcionan por si mesmos sen perder o seu nivel estrutural.
A materia que compón os seres vivos está formada nun 95% por catro átomos: que son o carbono, o hidróxeno, o osíxeno e mais o nitróxeno, a partir dos cales xorden as moléculas, tanto orgánicas ou biomoléculas como inorgánicas.
Estas moléculas repítense constantemente dentro dos seres vivos, polo que a orixe da vida procede dun antecesor común que existiu hai millóns de anos sobre a Terra.
Tódolos seres vivos están constituídos por células. No interior das cales se realizan as secuencias de reaccións químicas necesarias para a vida.
Clasificación dos seres vivos
Os seres vivos clasifícanse en reinos. A clasificación máis estendida é a de cinco reinos cuns dous millóns de especies:
Monera, son os organismos máis sinxelos, con células procariotas. Están descritas unhas 25.000 especies
A vida pode definirse segundo 7 propiedades básicas dos seres vivos, que nos permiten diferencialos do resto da materia inorgánica:
Compóñense de células.
Crecen e desenvólvense.
Regulan os seus procesos metabólicos e de desenvolvemento.
Presentan movemento.
Reaccionan a estímulos.
Reprodúcense.
As poboacións evolucionan e adáptanse ao ambiente.
Os virus, un caso especial
Os virus cumpren con tres destas características, pero non teñen metabolismo. Así a todo, se consideramos que a característica básica dun ser vivo é a evolución biolóxica, tamén os virus poderían considerarse seres vivos. Hai certo consenso en non consideralos formas vidas aínda que hai quen discrepa sobre a cuestión. Como se ve todo depende daquilo que se considere á hora de definir a vida.
Árbore filoxenética
O seguinte diagrama mostra a árbore filoxenética en reinos dos seres vivos tendo en conta os últimos datos moleculares.
Umberto D'Ancona, Trattato di zoologia (UTET, 1953; 1960; 1965; 1973).
Emanuele Padoa, Manuale di anatomia comparata dei vertebrati, Feltrinelli, 1991 ISBN 978-88-07-64004-9
Hans-Joachim Flechtner: Grundbegriffe der Kybernetik – eine Einführung. Wissenschaftliche Verlags-Gesellschaft, Stuttgart 1970.
Anna Maria Hennen: Die Gestalt der Lebewesen. Versuch einer Erklärung im Sinne der aristotelisch-scholastischen Philosophie. Königshausen & Neumann, Würzburg 2000, ISBN 3-8260-1800-1.
Sven P. Thoms: Ursprung des Lebens. Fischer-Taschenbuch-Verlag, Frankfurt 2005, ISBN 3-596-16128-2.
Günther Witzany: Natur der Sprache – Sprache der Natur. Sprachpragmatische Philosophie der Biologie. Königshausen & Neumann, Würzburg 1993, ISBN 978-3-88479-827-0.