Os restos obxecto da paleozooloxía atópanse dende o período Ediacárico da era neoproterozoica, pero non son comúns até finais do período Devoniano na segunda metade da era Paleozoica.
Os dinosauros son o grupo de macrofósiles máis coñecidos e populares. Tamén son moi coñecidos os trilobites, crustáceos, equinodermosbraquiópodos, moluscos, tiburóns e numerosos invertebrados. Isto débese a que as partes duras como os ósos, dentes e cunchas resisten a descomposición e convértense en fósiles e, pola contra, os organismos con corpos brandos raramente se fosilizan.