A etimoloxía do nome do seu xénero procede do verbo latino clangere, 'resoar' ao que se lle engade a partícula diminutiva -ula, orixinando este termo neolatino, clangula, que fai referencia á súa voz.[10]
O seu nome específico é unha forma alternativa de escribir a palabra hiemālis, que en latín significa 'invernal'.[11]
Sinónimos
Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[6][7]
Os adultos miden entre 41 e 60 cm de lonxitude, cunha envergadura alar de 72 a 80 cm, e un peso entre 450 e 1030 g. A plumaxe dos adultos varía bastante ao longo do ano, a causa dun complexo proceso de muda, mantendo constante unicamente o branco das partes inferiores do corpo.
O macho ten unha cola longa, estreita e en punta, de 10 a 15 cm de lonxitude e un bico gris anegrado cruzado por unha banda rosa. En inverno, ten un padrón de plumaxe branco e negro, pero é branco na súa maioría con excepción das ás, dorso, cola e unha gran mancha arredondada da meixela. En verán a cabeza e pescozo vólvenselle negros, mantendo o branco só na face; e as súas partes superiores fanse de tons pardos escuros. En outono poden observarse cun padrón intermedio cunha mancha branca na parte posterior do píleo. A femia ten plumaxe de tons pardos nas partes superiores e a cola relativamente curta e en punta. En inverno gran parte da cabeza e pescozo son brancos, agás a meixela e o píleo, que son de cor parda escura. En verán a cabeza vólvese parda case na súa totalidade. En outono mantén os laterais da cabeza e pescozo brancos e a súa meixela faise máis clara. Os xuvenís de ambos os sexos teñen unha plumaxe similar ás femias en verán.
Especie fósil
Coñécese unha especie fósil deste xénero do Mioceno medio (de hai 12 ou 13 millóns de anos), encontrada en Hungría.[12]
É unha ave gregaria que forma grandes bandadas en inverno e durante a migración. Voa rapidamente e durante a súa migración pode alcanzar ata os 100 km/h.
Fai o seu niño en terra preto da auga, ao abeiro da vexetación e constrúeo usando herba e talos, e forrado interiormente con follas e penuxe da femia.
Alimentación
Aliméntase mergullándose en busca de moluscos, crustáceos e algúns pequenos peixes, xeralmente en zonas próximas á superficie ou a profunddades entre os 10 e 15 m, aínda que pode chegar a profundidades de ata 60 m.
↑Hiemālis en An Elementary Latin Dictionary de Charlton T. Lewis.
↑Gál, Erika; Hír, János; Kessler, Eugén y Kókay, József (1998-99): Középsõ-miocén õsmaradványok, a Mátraszõlõs, Rákóczi-kápolna alatti útbevágásból. I. A Mátraszõlõs 1. lelõhely [Middle Miocene fossils from the sections at the Rákóczi chapel at Mátraszolos. Locality Mátraszõlõs I.]. Folia Histórico Naturalia Musei Matraensis23: 33-78. [en húngaro con resumo en inglés] Texto completo en PDFArquivado 21 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
Carboneras, Carles; del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): "Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans)" en Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-410-5.
Lars Svensson e Peter J. Grant (1998): Collins Bird Guide. Londres: HarperCollins. ISBN 978-0-0072-6814-6. p. 64.
Chris Kightley e Steve Madge (2002): Pocket Guide to the Birds of Britain and North-West Europe. Eastbourne, Reino Unido: Gardners Books. ISBN 978-0-7136-6444-7.