Carl (ou Karel) Johan Gustav Hartlaub, nado en Bremen o 8 de novembro de 1814 e finado na mesma cidade o 29 de novembro de 1900, foi un médico e zoólogo alemán, especializado en ornitoloxía.[1]
Traxectoria
Gustav Hartlaub naceu en Bremen, e estudou en Bonn e en Berlín antes de graduarse en medicina na Universidade de Gotinga.
En 1840 empezou a coleccionar e estudar aves exóticas, que logo doaría ao Museo de Historia Natural de Bremen.
Describiu algunhas destas especies por primeira vez.
En 1852 fundou unha nova revista científica, o Journal für Ornithologie, xunto con Jean Cabanis.
En 1840 foi admitido como membro número 186 da Société Cuviérienne. Así mesmo, foi membro da Academia alemá das ciencias naturais Leopoldina.
Algunhas especies descritas por Hartlaub
Entre outras especies descibiu as seguintes:
- Nectarinia hartlaubii Hartlaub, 1857, hoxe coñecida como Anabathmis hartlaubii (Hartlaub, 1857).[2][3]
- Athene leucopsis Hartlaub, 1849, despois chamada Noctua Hartlaubi Giebel, 1849 e hoxe coñecida como Otus hartlaubi (Giebel, 1849).[4]
- Calamoherpe griseldis Hartlaub, 1891, hoxe coñecida como Acrocephalus griseldis (Hartlaub, 1891).[5]
Abreviatura
A abreviatura Hartlaub emprégase para recoñecer a Gustav Hartlaub como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Honores
Eponimia
Algunhas aves fóronlle dedicadas e levan o seu nome, entre elas:
Notas
Véxase tamén
Bibliografía