Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa

Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa
Alliance of Liberals and Democrats for Europe
Dirixentes e organización
LíderGuy Verhofstadt (Bélxica)
Historia
Fundación20 de xullo de 2004
Posicións políticas
IdeoloxíaLiberalismo
Socioliberalismo
Liberalismo económico
Europeísmo
Posición políticaCentro
Representación
{{{escanos_título1}}}
70 / 751
Outros datos
Na rede
alde.eu
Facebook: ALDEgroup Twitter: ALDEGroup Youtube: UCm0-r0JMvxRD4S96iAdg4OA Flickr: 95104888@N04 Editar o valor en Wikidata

O Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa (abreviado como ALDE polo seu nome en inglés) é un grupo político do Parlamento Europeo composto por case todos os deputados do Partido da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa e do Partido Demócrata Europeo, así como dalgúns de partidos non adscritos.

É o cuarto grupo en número de escanos na oitava lexislatura do Parlamento Europeo (2014-2019) e está considerado como a referencia liberal nas institucións europeas, tendo grupo no Consello de Europa (chamado ALDE-PACE), no Comité das Rexións da Unión Europea e na Asemblea Parlamentaria da OTAN.

Desde xullo de 2009 o presidente do Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa é o belga Guy Verhofstadt, dos Liberais e Demócratas Flamengos, sucedendo ao inglés Graham Watson, dos Liberal Demócratas.[1]

Historia

Graham Watson, voceiro na lexislatura 2004-2009.

O Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa ten a súa orixe nas primeiras reunións da Asemblea Común da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro, fundándose o Grupo de Liberais e afíns o 23 de xuño de 1953. A medida que a Asemblea se converteu en Parlamento, os gaullistas se separaron do grupo, e deuse entrada aos novos países da Unión Europea, e o grupo converteuse no Grupo Liberal, Democrático e Reformista o 13 de decembro de 1985, cambiando posteriormente a Grupo do Partido Europeo dos Liberais, Demócratas e Reformistas para coincidir co nome do partido europeo.[2]

Non foi ata o inicio da quinta lexislatura, o 20 de xullo de 2004, cando o Partido Europeo dos Liberais, Demócratas e Reformistas e o Partido Demócrata Europeo aliáronse no Parlamento Europeo para a creación do grupo político.[3] Nesta primeira lexislatura, onde contaron con 88 eurodeputados de 732 asentos, o grupo elixiu o inglés Graham Watson como presidente.[4]

Nesta citada primeira lexislatura o grupo fixou 10 obxectivos primordiais, entre os que figuraba a promoción da paz e a creación dunha federación europea, facer da UE un actor global, tanto na súa dimensión económica como política, democratizar as estruturas da Unión, garantir os dereitos fundamentais de todos os cidadáns europeos o promover a educación a todos os niveis, así como garantir plenamente o recoñecemento das rexións europeas e aumentar o seu poder.

Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2009, o grupo obtivo 84 escanos, manténdose como a terceira forza política da Eurocámara. O voceiro e o liderado do grupo foi o exprimeiro ministro belga Guy Verhofstadt. O grupo mantivo a liña da súa anterior lexislatura, dando especial importancia ao afianzamento do mercado único e á ampliación dos dereitos fundamentais para a protección das minorías e en contra da discriminación, así como á loita polo recoñecemento en todos os estados membros dos matrimonios entre persoas do mesmo sexo celebrados nalgúns países.[5]

Na oitava lexislatura, tras uns resultados discretos nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 e a saída dos deputados do Partido Nacional Liberal de Romanía e do Fianna Fáil de Irlanda, o grupo decidiu abrirse a novos membros, como o Partido da Terra de Portugal, o ANO 2011 da República Checa e os españois Unión Progreso y Democracia e Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía,[6] creando problemas internos pola posición contra a independencia de Cataluña de ambas as formacións,[7] fronte á posición favorábel de Convergència Democràtica de Catalunya e Partido Nacionalista Vasco.[8] Finalmente, a situación resolveuse coa entrada de UPyD e C's e a creación dun subgrupo para falar de autogoberno para CDC e PNV.[9]

Presidentes do grupo

Deputados
desde 2004
inicio e final lexislativo
2004
88 / 732
2009
100 / 785
2009
84 / 736
2014
82 / 764
2014
67 / 751

O Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa tivo dous presidentes diferentes desde a súa fundación.[2]

Período Nome Estado Partido político
2004-2009 Graham Watson Reino Unido Liberal Demócratas
2009- Guy Verhofstadt Bélxica Liberais e Demócratas Flamengos

Presidentes do Parlamento

Desde a súa fundación, o 20 de xullo de 2004, o Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa non lograron presidir o Parlamento Europeo, aínda que o seu grupo predecesor, o Grupo do Partido Europeo dos Liberais, Demócratas e Reformistas, tivo ese posto en catro períodos: de 1962 a 1964, co italiano Gaetano Martino; de 1973 a 1975, co neerlandés Cornelis Berkhouwer; de 1979 a 1981 coa francesa Simone Veil, e de 2002 a 2004, co irlandés Pat Cox.[10]

Organización

O Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa organízase a través da presidencia, a mesa e as reunións do grupo e a mesa.[11]

A presidencia

A presidencia do grupo está formada polo presidente e oito vicepresidentes. Reúnese unha vez ao mes para planificar as actividades do grupo e preparar as decisións da mesa.[12]

A Presidencia

Presidente

Nome Estado Partido político
Hans van Baalen Países Baixos Países Baixos VVD

Vicepresidentes

Nome Estado Partido político
Henrik Bach Mortensen Dinamarca Dinamarca Venstre
Timmy Dooley Irlanda Irlanda        Fianna Fáil
Fredrick Federley Suecia Suecia Centerpartiet
Luis Garicano España España Ciudadanos
Ilhan Kyuchyuk MEP Bulgaria Bulgaria MRF       
Markus Löning        Alemaña Alemaña FDP
Angelika Mlinar Austria Austria NEOS
Marta Pascal España España CDC
Baroness Ros Scott Reino Unido Reino Unido Liberal Demócratas

A Mesa

A Mesa é o órgano principal para a toma de decisións do grupo, e está integrada polos líderes de todas as delegacións nacionais. Encárgase de supervisar as estratexias políticas do grupo.[13]

Parlamento Europeo

O Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa é o sexto grupo por número de escanos na oitava lexislatura do Parlamento Europeo, sumando un total de 68 eurodeputados, que repesntan o 9,05 % da cámara, de 17 estados membros da Unión Europea.[14]

Deputados

País Partido Partido
Europeo
Deputados Diferenza
2009-2014
Alemaña Alemaña Partido Democrático Liberal ALDE
3 / 96
8 menos
Electores Libres PDE
1 / 96
Austria Austria NEOS - Foro Liberal ALDE
1 / 18
1 máis
Bélxica Bélxica Liberais e Demócratas Flamengos ALDE
3 / 21
1 máis
Movemento Reformador ALDE
2 / 21
Movemento dos Cidadáns para o Cambio PDE
1 / 21
Bulgaria Bulgaria Movemento polos Dereitos e Liberdades ALDE
4 / 17
1 menos
Croacia Croacia Partido Popular de Croacia – Liberal Demócratas ALDE
1 / 11
2 máis
Asemblea Democrática de Istria ALDE
1 / 11
Dinamarca Dinamarca Esquerda-Partido Liberal de Dinamarca ALDE
2 / 13
igual
Esquerda Radical ALDE
1 / 13
Eslovenia Eslovenia Liberdade e Solidariedade ALDE
1 / 13
igual
Eslovaquia Eslovaquia Partido Democrático dos Pensionistas de Eslovenia PDE a
1 / 8
1 menos
España España Unión Progreso y Democracia ALDE
4 / 54
6 máis
Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía ALDE
2 / 54
Partido Demócrata Europeo Catalán (Coalición por Europa)    PDE
1 / 54
Partido Nacionalista Vasco (Coalición por Europa) PDE
1 / 54
Estonia Estonia Partido Reformista Estoniano ALDE
2 / 6
igual
Partido do Centro ALDE
1 / 6
Finlandia Finlandia Partido do Centro ALDE
3 / 13
igual
Partido Popular Sueco ALDE
1 / 13
Francia Movemento Demócrata PDE
4 / 74
1 máis
Unión de Demócratas e Independentes PDE
3 / 74
Irlanda Irlanda Independente: Marian Harkin PDE
1 / 11
3 menos
Lituania Lituania Movemento Liberal de Lituania ALDE
2 / 11
1 máis
Partido Laborista ALDE
1 / 11
Luxemburgo Luxemburgo Partido Democrático ALDE
1 / 6
igual
Países Baixos Países Baixos Demócratas 66 ALDE
4 / 26
1 menos
Partido Popular pola Liberdade e a Democracia ALDE
3 / 26
Portugal Portugal Partido da Terra
2 / 21
2 máis
Reino Unido Reino Unido Liberal Demócratas ALDE
1 / 73
11 menos
República Checa República Checa    ANO 2011 ALDE
4 / 21
4 máis
Romanía Romanía Independente: Mircea Diaconu
1 / 32
2 menos
Partido Liberal Reformista [15][16] ALDE
1 / 32
Suecia Suecia Partido Popular Liberal ALDE
2 / 20
1 menos
Partido do Centro ALDE
1 / 20
Total
68 / 751
14 menos

Nota: os datos comparativos son en relación á organización dos grupos á final do sétimo mandato do Parlamento Europeo, co Tratado de Lisboa xa en funcionaminto.
a O deputado forma parte do Partido Demócrata Europeo, pero o seu partido, non.

Mesa do Parlamento

Para a presidencia do Parlamento, o grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa decidiu non presentar candidato e dar o seu apoio ao alemán Martin Schulz,[17] tras un acordo co grupo do Partido Popular Europeo e o grupo da Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas.[18] Este acordo daría a presidencia, a finais de 2016, ao popular Manfred Weber ata a final da lexislatura.

Para os postos da mesa, o grupo logrou dúas vicepresidencias, unha para o finlandés Olli Rehn, do Partido do Centro, e outra para o alemán Alexander Graf Lambsdorff, do Partido Democrático Liberal.[19] Ademais, a inglesa Catherine Bearder, dos Liberal Demócratas, foi nomeada cuestora,[20] e tres deputados lograron presidir comisións parlamentarias.[21]

Notas

  1. Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa. "Guy Verhofstadt líder do Grupo ALDE, presidente da mesa de ALDE" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2010. Consultado o 24 de agosto de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Europe Politique. "Historia do Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa" (en francés). 
  3. Phinnemore, David; McGowan, Lee (2013). El diccionario de la Unión Europea (PDF) (en inglés). Routledge. p. 227. ISBN 9781135081270. 
  4. Parlamento Europeo. "Elecciones europeas de 2014". 
  5. Partido Europeo de los Liberales, Demócratas y Reformista. "Manifiesto de ELDR para las Elecciones Europeas de 2009" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de agosto de 2017. Consultado o 24 de agosto de 2017. 
  6. Agència Catalana de Notícies (30 de maio de 2014). "Verhofstadt se inclina por aceptar a UPyD y C's en el grupo liberal de la Eurocámara". Ara. 
  7. Europa Press (23 de xuño de 2014). "C's trabajará para "desmontar la propaganda separatista" de CDC en Europa". La Vanguardia. 
  8. Agència Catalana de Notícies (23 de xuño de 2014). "CDC negocia con el ALDE una declaración proconsulta para compensar la entrada de UPyD y C's". La Vanguardia. 
  9. Agencia EFE (17 de xuño de 2014). "UPyD y Ciutadans entran en el grupo ALDE del PE pese a la oposición de CDC y PNV". La Información. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 24 de agosto de 2017. 
  10. Parlamento Europeo. "Anteriores presidentes do Parlamento Europeo" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 24 de agosto de 2017. 
  11. Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa. "Regras de procedemento do Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de maio de 2014. Consultado o 24 de agosto de 2017. 
  12. Grupo de la Alianza de los Liberales y Demócratas por Europa. "Presidencia ALDE: Presidente Guy Verhofstadt e 8 Vicepresidentes" (en inglés). 
  13. Grupo de la Alianza de los Liberales y Demócratas por Europa. "Mesa ALDE: líderes de todas as Delegacións Nacionais" (en inglés). 
  14. Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa. "Lista de diputados ALDe: Membros do Parlamento Europeo (MPE) dos países da Unión" (en inglés). 
  15. Grupo da Alianza dos Demócratas e Liberais por Europa (9 de xullo de 2014). "A eurodeputada romanesa Norica Nicolai reincorpórase ao Grupo ALDE" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2014. Consultado o 24 de agosto de 2017. 
  16. Cosmin Ruscior. "C. P. Tăriceanu: Partidul Liberal Reformator are aproape 30 de parlamentari; vom adera la ALDE". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2017. Consultado o 5 de setembro de 2017.  (en romanés)
  17. Grupo de la Alianza de los Liberales y Demócratas por Europa (26 de xuño de 2014). "PPE, S&D e ALDE para formar unha maioría estábel no Parlamento Europeo para a próxima Comisión Europea" (en inglés). 
  18. Agencia EFE (24 de xuño de 2014). "Conservadores y socialistas vuelven a repartirse la presidencia de la Eurocámara". Público (en español). 
  19. Parlamento Europeo (1 de xullo de 2014). "Elegidos los 14 vicepresidentes del PE, entre ellos el español Ramón Luis Valcárcel" (en español). 
  20. Parlamento Europeo (2 de xullo de 2014). "Elegidos los cinco cuestores del Parlamento Europeo" (en español). 
  21. Parlamento Europeo (8 de xullo de 2014). "Presidentes e vicepresidentes electos dos Comités Parlamentarios" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2014. Consultado o 24 de agosto de 2017. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

العلاقات الصربية الكوستاريكية صربيا كوستاريكا   صربيا   كوستاريكا تعديل مصدري - تعديل   العلاقات الصربية الكوستاريكية هي العلاقات الثنائية التي تجمع بين صربيا وكوستاريكا.[1][2][3][4][5] مقارنة بين البلدين هذه مقارنة عامة ومرجعية للدولتين: وجه ...

 

العلاقات البرازيلية الباهاماسية البرازيل باهاماس   البرازيل   باهاماس تعديل مصدري - تعديل   العلاقات البرازيلية الباهاماسية هي العلاقات الثنائية التي تجمع بين البرازيل وباهاماس.[1][2][3][4][5] مقارنة بين البلدين هذه مقارنة عامة ومرجعية للدول�...

 

Untuk Benda Terbang Aneh, lihat UFO. UFOGenre Drama Fantasi PembuatSoraya Intercine FilmsDitulis olehDenisee IbrahimSkenarioDenisee IbrahimSutradaraAhmad YusufPemeran Anjasmara Happy Salma Robby Shine D'Ratu Dwi Yan Harry Rayan Renny Caroline Tri Jengky Roy Chunonk Hartono (Ahong) Penggubah lagu temaArmadaLagu pembukaBuka Hatimu —ArmadaLagu penutupBuka Hatimu — ArmadaPenata musik Joseph S. Djafar Rainne Wijaya Negara asalIndonesiaBahasa asliBahasa IndonesiaJmlh. musim1Jmlh. episode5...

Duta Besar Indonesia untuk SuriahLambang Kementerian Luar Negeri Republik IndonesiaPetahanaWajid Fauzisejak 7 Januari 2019Ditunjuk olehPresiden IndonesiaPejabat perdanaMohammed MuinDibentuk1950[1]Situs webkemlu.go.id/damascus/id Berikut adalah daftar diplomat Indonesia yang pernah menjabat Duta Besar Republik Indonesia untuk Suriah: No. Foto Nama Mulai menjabat Selesai menjabat Merangkap Diangkat oleh Ref. — Zeini HasanKuasa Usaha Juli 1956 Oktober 1959 [1] — Djailin ...

 

Election for the governorship of the U.S. state of Kansas 1922 Kansas gubernatorial election ← 1920 November 7, 1922 1924 →   Nominee Jonathan M. Davis William Yoast Morgan Party Democratic Republican Popular vote 271,058 252,602 Percentage 50.87% 47.41% County resultsDavis:      40–50%      50–60%      60–70% Morgan:      40–50%     &...

 

Cet article est une ébauche concernant le cyclisme. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?) selon les recommandations des projets correspondants. Paris-Roubaix 1906GénéralitésCourse 11e Paris-RoubaixDate 15 avril 1906Distance 270 kmPays traversé(s) FranceLieu de départ ChatouLieu d'arrivée Vélodrome roubaisien (Parc Barbieux)Coureurs au départ 71Coureurs à l'arrivée 14Vitesse moyenne 27,034 km/hRésultatsVainqueur Henri CornetDeuxième Marcel Cad...

American middle- and long-distance runner (born 1996) Weini KelatiKelati at the Millrose Games in 2019Personal informationNationalityAmericanEritreaBorn (1996-12-01) December 1, 1996 (age 27)[1]Tsada Christian, EritreaSportCountry Eritrea United StatesSportTrack and FieldEventDistanceCollege teamNew Mexico LobosClubDark Sky DistanceTurned proDecember 2020[2]Achievements and titlesPersonal bestsOutdoor [1]1500 m: 4:10.88 (Eugene 2021)3000 m: 8:53.89 NR (P...

 

American baseball player (born 1993) Not to be confused with Derek Fisher. Baseball player Derek FisherFisher with the Houston AstrosFree agent OutfielderBorn: (1993-08-21) August 21, 1993 (age 30)Lebanon, Pennsylvania, U.S.Bats: LeftThrows: RightMLB debutJune 14, 2017, for the Houston AstrosMLB statistics (through 2021 season)Batting average.195Home runs17Runs batted in53 Teams Houston Astros (2017–2019) Toronto Blue Jays (2019–2020) Milwaukee Brewers (2021) Career hi...

 

Pour les articles homonymes, voir GSD. GSD GestionInformationsStatut Équipe cycliste professionnelle féminineCode UCI GSDDiscipline Cyclisme sur routePays  FranceCréation 2008Disparition 2012Saisons 6EncadrementDirecteur général Gérard ValetteDénominations2007 Entente Sportive Gervais Lilas 932008-2010 ESGL 93-GSD Gestion2011-2012 GSD Gestionmodifier - modifier le code - modifier Wikidata L'équipe cycliste GSD Gestion est une ancienne équipe cycliste féminine française. Elle ...

Peta Lokasi Kabupaten Barito Utara di Kalimantan Tengah Berikut adalah daftar kecamatan dan kelurahan di Kabupaten Barito Utara, Provinsi Kalimantan Tengah, Indonesia. Kabupaten Barito Utara terdiri dari 9 kecamatan, 10 kelurahan, dan 93 desa. Pada tahun 2017, jumlah penduduknya mencapai 152.308 jiwa dengan luas wilayah 8.300,00 km² dan sebaran penduduk 18 jiwa/km².[1][2] Daftar kecamatan dan kelurahan di Kabupaten Barito Utara, adalah sebagai berikut: Kode Kemendagri Kecama...

 

Untuk serial buku yang berjudul sama, lihat How to Train Your Dragon (buku). Untuk waralaba filmnya, lihat How to Train Your Dragon (waralaba). Untuk permainan video, lihat How to Train Your Dragon (permainan video).How to Train Your DragonPoster perilisan layar lebarSutradaraChris Sanders, Dean DeBloisProduserBonnie ArnoldSkenarioWill Davies, Dean DeBlois, Chris SandersBerdasarkanHow to Train Your Dragonoleh Cressida CowellPemeran Jay Baruchel Gerard Butler Craig Ferguson America Ferrera Jon...

 

Sugar, SugarSide ASingel oleh The Archiesdari album Everything's ArchieSisi-BMelody HillDirilis24 Mei 1969Direkam1969GenreBubblegum[1][2]Durasi2:48LabelCalendar, Kirshner, RCA RecordsPenciptaJeff Barry, Andy KimProduserJeff BarryKronologi singel The Archies Feelin' So Good (S.K.O.O.B.Y.-D.O.O.) (1968) Sugar, Sugar (1969) Jingle Jangle (1969) Video musikSugar Sugar di YouTube Sugar, Sugar adalah sebuah lagu yang ditulis oleh Jeff Barry dan Andy Kim. Awalnya direkam oleh the Arc...

ГородМандалговьМандалговьᠮᠠᠨᠳᠠᠯᠭᠣᠪᠢ 45°46′00″ с. ш. 106°16′15″ в. д.HGЯO Страна  Монголия Аймак Дундговь История и география Площадь 11 км² Высота НУМ 1395 м Население Население 10299 человек (2007) Национальности халха-монголы Показать/скрыть карты Мандалговь &#...

 

This article is part of a series on theCinema ofAustralia List of Australian films Early years and the Silent film era pre 1910 1910s 1920s The war years and post-World War II 1930s 1940s 1950s 1960s 1970s 1970 1971 1972 1973 1974 1975 1976 1977 1978 1979 1980s 1980 1981 1982 1983 1984 1985 1986 1987 1988 1989 1990s 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000s 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010s 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020s 2020 2021 ...

 

Municipality in Valencian Community, Spain Municipality in Valencian Community, SpainElche Elche (Spanish) Elx (Valencian)MunicipalityPanoramic viewPalm treesReplica of the Lady of Elche FlagCoat of armsLocation of ElcheElcheLocation in the Province of AlicanteShow map of Province of AlicanteElcheLocation in the Valencian CommunityShow map of Valencian CommunityElcheLocation in SpainShow map of SpainCoordinates: 38°16′1″N 0°41′54″W / 38.26694°N 0.69833°W&...

此條目需要补充更多来源。 (2021年7月4日)请协助補充多方面可靠来源以改善这篇条目,无法查证的内容可能會因為异议提出而被移除。致使用者:请搜索一下条目的标题(来源搜索:美国众议院 — 网页、新闻、书籍、学术、图像),以检查网络上是否存在该主题的更多可靠来源(判定指引)。 美國眾議院 United States House of Representatives第118届美国国会众议院徽章 众议院旗...

 

 烏克蘭總理Прем'єр-міністр України烏克蘭國徽現任杰尼斯·什米加尔自2020年3月4日任命者烏克蘭總統任期總統任命首任維托爾德·福金设立1991年11月后继职位無网站www.kmu.gov.ua/control/en/(英文) 乌克兰 乌克兰政府与政治系列条目 宪法 政府 总统 弗拉基米尔·泽连斯基 總統辦公室 国家安全与国防事务委员会 总统代表(英语:Representatives of the President of Ukraine) 总...

 

British Rail Class D2/10D2767Type and originPower typeDiesel-hydraulicBuilderNorth British Locomotive CompanySerial number27703–27714, 27815–27839, 27998–28033Build date1957–1961Total produced73SpecificationsConfiguration:​ • Whyte0-4-0DH • UICBGauge4 ft 8+1⁄2 in (1,435 mm) standard gaugeWheel diameterD2708–D2719: 3 ft 6 in (1.067 m);D2720–D2780: 3 ft 9 in (1.143 m)Loco weightD2708–D2719: 30....

1954 United States Senate election in West Virginia ← 1948 November 2, 1954 1958 (special) →   Nominee Matthew M. Neely Thomas Sweeney Party Democratic Republican Popular vote 325,263 268,066 Percentage 54.82% 45.18% County resultsNeely:      50–60%      60–70%      70–80% Sweeney:      50–60%      60–70%    ...

 

Voce principale: Giochi olimpici invernali. XIII Giochi olimpici invernaliCittà ospitanteLake Placid, Stati Uniti d'America Paesi partecipanti37 (vedi sotto) Atleti partecipanti1.072 (840 - 232 ) Competizioni38 in 6 sport Cerimonia apertura14 febbraio 1980 Cerimonia chiusura23 febbraio 1980 Aperti daWalter Mondale Giuramento atletiEric Heiden Giuramento giudiciTerry McDermott Ultimo tedoforoCharles Gugino StadioEquestrian Stadium Medagliere Nazione  Unione Sovietica106622  Germani...