O Gran Premio dos Países Baixos de 1983 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 28 de agosto de 1983 no circuíto de Zandvoort. Foi a décimo segunda carreira da tempada de Fórmula Un de 1983. Foi o 32º Gran Premio dos Países Baixos. A carreira disputouse sobre 72 voltas ao circuíto de 4´252 quilómetros para unha distancia total de carreira de 306 quilómetros.
A carreira rematou cun resultado de 1º e 2º para os Ferraris de René Arnoux e Patrick Tambay, con John Watson terceiro nun McLaren. Derek Warwick no cuarto lugar logrou os primeiros puntos, tanto para el mesmo como para o equipo Toleman. A carreira caracterizouse por unha colisión entre o líder do campionato Alain Prost e o retador máis próximo Nelson Piquet, que de inmediato obrigou a Piquet a abandonar a carreira e obrigou a Prost a retirarse pouco despois. Esta foi a sétima e última vitoria de René Arnoux na Fórmula Un.
Clasificación
Cualificación
Race
Posicións logo da carreira
- Clasificación do campionato de pilotos
|
- Clasificación do campionato de construtores
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2014. Consultado o 2007-06-17.
Véxase tamén
Ligazóns externas