Gran Premio do Brasil de 1993

Modelo:Competición deportivaGran Premio do Brasil de 1993
TipoGran Premio do Brasil Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1993 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento71 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónAutódromo José Carlos Pace (Cidade Dutra) 23°42′04″S 46°41′50″O / -23.701111111111, -46.697222222222 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude4,309 km Editar o valor en Wikidata
PaísBrasil Editar o valor en Wikidata
Data28 de marzo de 1993 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoAyrton Senna Editar o valor en Wikidata
Pole positionAlain Prost Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaMichael Schumacher Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio do Brasil de 1993 (oficialmente o XXII Grande Prêmio do Brasil) foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 28 de marzo de 1993 no circuíto de Interlagos de São Paulo. Foi a segunda carreira da tempada de 1993. A carreira de 71 voltas gañouna Ayrton Senna, a súa primeira carreira da tempada, con Damon Hill ocupando o segundo lugar.[1] Esta foi a última vitoria para un piloto do Brasil na súa carreira de casa ata que Felipe Massa gañou con Ferrari no evento de 2006.

Informe

Cualificación

Brasil era a carreira de casa de Senna, pero non puido facer nada para evitar que os Williams lograran a marca de 1-2 na cualificación con Prost na pole por diante de Hill. Senna foi terceiro por diante de Schumacher, Andretti e Patrese.

Carreira

Ao principio, Senna adiantou a Hill, pero Andretti golpeou a Berger con ambos chocando forte na barreira de pneumáticos na 1ª curva. Ambos, xunto con Minardi de Brundle e Fabrizio Barbazza, quedaron fóra. A orde quedou: Prost, Senna, Hill, Jean Alesi, Schumacher e Lehto.

Schumacher superou a Alesi na 2ª volta, pero o seu compañeiro de equipo Patrese só durou ata a cuarta volta cando fallou a súa suspensión. Mentres que Prost acumulou unha vantaxe substancial, Senna viuse presionado por Hill, que quedou segundo na volta 11. Na volta 25, Senna recibiu unha penalización de stop & go por derribar a un backmarker baixo bandeiras amarelas e caeu detrás de Schumacher. Houbo unha chuvia torrencial, e moitos pilotos entraron a boxes para por pneumáticos de mollado, incluíndo a Senna, Schumacher e Hill, mentres que Prost mantívose con pneumáticos lisos. Varios pilotos trompearon, Ukyo Katayama e Aguri Suzuki chocaron na recta de saída na volta 27, o Footwork bloqueou parcialmente o circuíto e saíu o coche de seguridade, por segunda vez na Fórmula 1 a primeira vez foi no Gran Premio do Canadá de 1973. Fittipaldi trompeou na primeira curva na volta 30 quedando o seu auto parado no medio da pista. Coa choiva cada vez máis forte, Prost perdeu o control e, incapaz de evitar o auto de Fittipaldi, estrelouse contra el, quedando ambos fóra da carreira. Cando os restos foron limpados, o novo auto de seguridade controlou a pista, Hill lideraba diante de Senna, Schumacher (que perdera tempo durante a súa parada en boxes porque o seu auto caeuse do gato), Alesi, Johnny Herbert e Lehto. Seguidos por Alessandro Zanardi, Philippe Alliot, Mark Blundell, Derek Warwick, o novato Luca Badoer, Karl Wendlinger, Andrea de Cesaris, Érik Comas, e Michele Alboreto.

A pista comezou a secarse e todos se detiveron a por pneumáticos de seco. Johnny Herbert entrou en boxes xusto cando o safety car regresou aos boxes, e pasou ao terceiro posto debido a este cambio cedo de regreso aos slicks.

Xusto despois de para a cambiar pneumáticos, Senna pasou a Hill polo liderado e afastouse. Detrás, Schumacher e Alesi tiveron penalizacións por pasar baixo bandeiras amarelas, Schumacher caeu ao quinto e Alesi baixou ao noveno. Schumacher pasou a Blundell e logo a Herbert para tomar o terceiro posto. Senna gañou diante de Hill, Schumacher, Herbert, Blundell e Alessandro Zanardi.

Clasificación

Cualificación

Pos Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza
1 2 Francia Alain Prost Williams-Renault 1:16.809 1:15.866
2 0 Damon Hill Williams-Renault 1:17.856 1:16.859 +0.993
3 8 Ayrton Senna McLaren-Ford 1:18.639 1:17.697 +1.831
4 5 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford 1:19.061 1:17.821 +1.955
5 7 Michael Andretti McLaren-Ford 1:20.093 1:18.635 +2.769
6 6 Italia Riccardo Patrese Benetton-Ford 1:20.388 1:19.049 +3.183
7 30 Finlandia JJ Lehto Sauber 1:20.571 1:19.207 +3.341
8 29 Austria Karl Wendlinger Sauber 1:19.230 1:19.270 +3.364
9 27 Francia Jean Alesi Ferrari 1:19.260 1:19.549 +3.394
10 26 Mark Blundell Ligier-Renault 1:20.281 1:19.296 +3.430
11 19 Francia Philippe Alliot Larrousse-Lamborghini 1:20.057 1:19.340 +3.474
12 12 Johnny Herbert Lotus-Ford 1:19.830 1:19.435 +3.569
13 28 Austria Gerhard Berger Ferrari 1:19.561 1:19.735 +3.695
14 14 Rubens Barrichello Jordan-Hart 1:20.999 1:19.593 +3.727
15 11 Italia Alessandro Zanardi Lotus-Ford 1:20.891 1:19.804 +3.938
16 25 Martin Brundle Ligier-Renault 1:20.390 1:19.835 +3.969
17 20 Francia Érik Comas Larrousse-Lamborghini 1:20.061 1:19.868 +4.002
18 9 Derek Warwick Footwork-Mugen-Honda 1:21.532 1:20.064 +4.198
19 10 Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 1:22.297 1:20.232 +4.366
20 23 Christian Fittipaldi Minardi-Ford 1:21.547 1:20.716 +4.850
21 22 Italia Luca Badoer Lola-Ferrari 1:22.938 1:20.908 +5.042
22 3 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 1:21.923 1:20.991 +5.125
23 4 Italia Andrea de Cesaris Tyrrell-Yamaha 1:21.224 1:21.368 +5.358
24 24 Italia Fabrizio Barbazza Minardi-Ford 1:22.112 1:21.228 +5.362
25 21 Italia Michele Alboreto Lola-Ferrari 1:21.752 1:21.488 +5.622
NSC 15 Italia Ivan Capelli Jordan-Hart 1:23.674 1:21.789 +5.923

Carreira

Pos Piloto Construtor voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 8 Ayrton Senna McLaren-Ford 71 1:51:15.485 3 10
2 0 Damon Hill Williams-Renault 71 +16.625 2 6
3 5 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford 71 +45.436 4 4
4 12 Johnny Herbert Lotus-Ford 71 +46.557 12 3
5 26 Mark Blundell Ligier-Renault 71 +52.127 10 2
6 11 Italia Alessandro Zanardi Lotus-Ford 70 +1 volta 15 1
7 19 Francia Philippe Alliot Larrousse-Lamborghini 70 +1 volta 11
8 27 Francia Jean Alesi Ferrari 70 +1 volta 9
9 9 Derek Warwick Footwork-Mugen-Honda 69 +2 voltas 18
10 20 Francia Érik Comas Larrousse-Lamborghini 69 +2 voltas 17
11 21 Italia Michele Alboreto Lola-Ferrari 68 +3 voltas 25
12 22 Italia Luca Badoer Lola-Ferrari 68 +3 voltas 21
Ret 29 Austria Karl Wendlinger Sauber 61 Motor 8
Ret 30 Finlandia JJ Lehto Sauber 52 Eléctrico 7
Ret 4 Italia Andrea de Cesaris Tyrrell-Yamaha 48 Sistema combustible 23
Ret 2 Francia Alain Prost Williams-Renault 29 Colisión/Trompo 1
Ret 23 Christian Fittipaldi Minardi-Ford 28 Colisión/Trompo 20
Ret 10 Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 27 Trompo 19
Ret 3 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 26 Trompo 22
Ret 14 Rubens Barrichello Jordan-Hart 13 Caixa de cambios 14
Ret 6 Italia Riccardo Patrese Benetton-Ford 3 Suspensión 6
Ret 7 Michael Andretti McLaren-Ford 0 Colisión 5
Ret 28 Austria Gerhard Berger Ferrari 0 Colisión 13
Ret 25 Martin Brundle Ligier-Renault 0 Colisión 16
Ret 24 Italia Fabrizio Barbazza Minardi-Ford 0 Colisión 24
NSC 15 Italia Ivan Capelli Jordan-Hart
Fonte:[2]

Posicións logo da carreira

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Referencias

  1. "Slick Senna shows the way home". The Independent. 29 de marzo de 1993. 
  2. "1993 Brazilian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 2 de decembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015. 


Carreira anterior:
Gran Premio de Suráfrica de 1993
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1993
Carreira seguinte:
Gran Premio de Europa de 1993
Carreira anterior:
Gran Premio do Brasil de 1992
Gran Premio do Brasil Carreira seguinte:
Gran Premio do Brasil de 1994