Gran Premio de Singapur de 2017

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Singapur de 2017
Imaxe
Nome oficial2017 Formula 1 Singapore Airlines Singapore Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Singapur Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2017 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento58 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto urbano de Singapur 1°17′29″N 103°51′51″L / 1.2914, 103.86415 Editar o valor en Wikidata
PaísSingapur Editar o valor en Wikidata
Data17 de setembro de 2017 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoLewis Hamilton Editar o valor en Wikidata
Pole positionSebastian Vettel (01:39,491) Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaLewis Hamilton (01:45,008) Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Singapur de 2017, oficialmente 2017 Formula 1 Singapore Airlines Singapore Grand Prix, foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 17 de setembro de 2017 no Circuíto urbano de Marina Bay de Singapur. Foi a décimo cuarta carreira da tempada de Fórmula Un de 2017.

Informe

Práctica

O piloto de Red Bull Daniel Ricciardo foi o máis rápido na primeira práctica cun tempo de 1:42.489.[1] Foi seguido polo Ferrari de Sebastian Vettel e o seu compañeiro de equipo Max Verstappen mentres que o líder do campionato Lewis Hamilton era só o cuarto máis rápido.[2] Ricciardo tamén foi máis rápido na segunda práctica, seguido por Verstappen e Hamilton.[3]

Clasificación

Max Verstappen foi o máis rápido na Q1 e na Q2. Red Bull parecía ter vantaxe sobre Mercedes e Ferrari.[4] Con todo, Sebastian Vettel de Ferrari logoru a pole position na sesión final cun tempo de 1.39.491, por diante de Verstappen e o seu compañeiro Ricciardo.[5] Hamilton só puido quedar quinto na grella co seu compañeiro de equipo Bottas sexto.

Carreira

As precipitacións antes do inicio da carreira fixo que a carreira fora o primeiro Gran Premio nocturno organizado en condicións de chuvia na historia da Fórmula Un.[6] A pesar diso, a carreira comezou baixo condicións normais de carreira sen o coche de seguridade segundo as regras de 2017. No inicio, Räikkönen tivo un excelente comezo en comparación co seu compañeiro de equipo Vettel e o Red Bull de Verstappen. Vettel e Räikkönen tiñan Verstappen no medio deles. Os pneumáticos de Verstappens tocaron con Räikkönen e deixaron a Räikkönen fóra de control, que bateu co lado esquerdo do coche de Vettel, o seu compañeiro de equipo, causando un dano significativo para ambos, e despois golpeou novamente o coche de Verstappen na primeira curva. Isto causou a retirada inmediata de Räikkönen e Verstappen. Vettel puido continuar inicialmente a pesar do notable dano, seguido por Hamilton, que tivo un bo comezo con Ricciardo detrás. Con todo, Vettel logo trompeou debido aos danos e posteriormente retirouse. Esta foi a primeira ocasión na historia da Fórmula 1 en que ambos Ferraris resultaron eliminados na primeira volta.[7] Alonso tamén sufriu danos como consecuencia do incidente na 1ª volta e eventualmente retirouse na 9ª volta.[8] As colisións na primeira volta provocaron a saída do coche de seguridade que mantívose na pista ata a 4ª volta.[8] No reinicio Lewis Hamilton continuou liderando, seguido de Daniel Ricciardo na segunda posición e Nico Hülkenberg na terceira. Hamilton puido alonxarse e establecer unha cómoda ventaxe sobre Ricciardo.

Houbo dous novos períodos de coche de seguridade durante o transcurso da carreira. Un na volta 11, despois de que Daniil Kvyat estrelárase na 7º volta e outro na volta 38 logo de que Marcus Ericsson trompease.[8] Bottas logrou chegar ata o terceiro posto e Carlos Sainz ao cuarto posto logo primeiro período do coche de seguridade, xa que os pneumáticos Bottas e Sainz xa estaban en pleno apoxeo. Hamilton volveu a saír ben nos dous reinicios. Kevin Magnussen e Nico Hülkenberg, desde a 4ª posición tras pasar a Sainz no segundo período de coche de seguridade, ambos retiráronse máis tarde na carreira con problemas mecánicos. Hamilton gañou a carreira diante de Ricciardo e Valtteri Bottas, mentres que Sainz conseguiu o seu mellor posto nas carreiras no cuarto lugar. Jolyon Palmer chegou a meta no sexto lugar para lograr os seus primeiros puntos na tempada, o mesmo fin de semana anunciouse que sería substituído por Sainz ao final da tempada. Os pilotoss non completaron a distancia de carreira programada de 61 voltas debido ao límite de 2 horas que se alcanzou, polo que a bandeira a cadros verificouse na volta 58.[9]

Clasificación

Cualificación

Pos. Piloto Construtor Tempos de cualificación Grella
final
Q1 Q2 Q3
1 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 1'43"336 1'40"529 1'39"491 1
2 33 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 1'42"010 1'40"332 1'39"814 2
3 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 1'42"063 1'40"385 1'39"840 3
4 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 1'43"328 1'40"525 1'40"069 4
5 44 Lewis Hamilton Mercedes 1'42"455 1'40"577 1'40"126 5
6 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 1'43"137 1'41"409 1'40"810 6
7 27 Alemaña Nico Hülkenberg Renault 1'42"586 1'41"277 1'41"013 7
8 14 España Fernando Alonso McLaren-Honda 1'42"086 1'41"442 1'41"179 8
9 2 Bélxica Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 1'42"222 1'41"227 1'41"398 9
10 55 España Carlos Sainz Toro Rosso 1'42"176 1'41"826 1'42"056 10
11 30 Jolyon Palmer Renault 1'42"472 1'42"107 11
12 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1'43"594 1'42"246 12
13 26 Daniil Kvyat Toro Rosso 1'42"544 1'42"338 13
14 31 Francia Esteban Ocon Force India-Mercedes 1'43"626 1'42"760 14
15 8 Francia Romain Grosjean Haas-Ferrari 1'43"627 1'43"883 15
16 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1'43"756 16
17 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 1'44"014 17
18 18 Lance Stroll Williams-Mercedes 1'44"728 18
19 94 Alemaña Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 1'45"059 19
20 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1'45"570 20[10]
Tempo límite 107%: 1:49.150
Fonte:[11]

En letra grosa os mellores tempos na Q1, Q2 e Q3.

Schéma de la grille de qualification et de départ du Grand Prix de Singapour 2017.
A grella de cualificación e saída do Gran Premio de Singapur de 2017.

Carreira

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 44 Lewis Hamilton Mercedes 58 2:03:23.544 5 25
2 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 58 +4.507 3 18
3 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 58 +8.800 6 15
4 55 España Carlos Sainz Toro Rosso 58 +22.822 10 12
5 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 58 +25.359 12 10
6 30 Jolyon Palmer Renault 58 +27.259 11 8
7 2 Bélxica Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 58 +30.388 9 6
8 18 Lance Stroll Williams-Mercedes 58 +41.696 18 4
9 8 Francia Romain Grosjean Haas-Ferrari 58 +43.282 15 2
10 31 Francia Esteban Ocon Force India-Mercedes 58 +44.795 14 1
11 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 58 +46.536 17
12 94 Alemaña Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 56 +2 voltas 19
Ret 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 50 Motor 16
Ret 27 Alemaña Nico Hülkenberg Renault 48 Motor 7
Ret 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 35 Accidente 20
Ret 26 Daniil Kvyat Toro Rosso 10 Accidente 13
Ret 14 España Fernando Alonso McLaren-Honda 8 Danos por colisión 8
Ret 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 0 Accidente 1
Ret 33 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 0 Accidente 2
Ret 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 0 Accidente 4
Fonte:[12]

Posicións logo da carreira

  • Texto en negra indica quen aínda tiña unha oportunidade teórica de converterse en Campión do Mundo.

Notas

  1. "Practice - Results - Singapore Grand Prix - 2017 - Formula 1". BBC Sport. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2017. Consultado o 2017-09-15. 
  2. "Singapore GP: Daniel Ricciardo top with Lewis Hamilton fourth". BBC Sport (en inglés). 2017-09-15. Consultado o 2017-09-15. 
  3. "Practice - Results - Singapore Grand Prix - 2017 - Formula 1". BBC Sport. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2017. Consultado o 2017-09-15. 
  4. "Singapore Grand Prix: Sebastian Vettel storms to stunning pole position". BBC Sport (en inglés). 2017-09-16. Consultado o 2017-09-16. 
  5. "Qualifying - Results - Singapore Grand Prix - 2017 - Formula 1". BBC Sport. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2017. Consultado o 2017-09-16. 
  6. "Hamilton dodges first lap carnage to win Singapore GP, F1's first wet night race". MotorSportsTalk (en inglés). 17 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2020. Consultado o 17 de setembro de 2017. 
  7. Benson, Andrew (17 de setembro de 2017). "Lewis Hamilton wins in Singapore after Ferrari crash". BBC (en inglés). Consultado o 18 de setembro de 2017. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Richards, Giles (17 de setembro de 2017). "Lewis Hamilton wins Singapore Grand Prix after Sebastian Vettel crashes out". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 17 de setembro de 2017. 
  9. "Lewis Hamilton wins in Singapore after Ferrari crash". BBC Sport (en inglés). 17 de setembro de 2017. Consultado o 17 de setembro de 2017. 
  10. Marcus Ericsson recibiu unha penalización na grella de 5 posicións por un cambio non programado da caixa de cambios.
  11. "Formula 1 Singapore Airlines Singapore Grand Prix 2017 – Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 16 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2017. Consultado o 16 de setembro de 2017. 
  12. "Formula 1 Singapore Airlines Singapore Grand Prix 2017 – Race Result". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 17 de setembro de 2017. Consultado o 17 de setembro de 2017. 

Véxase tamén


Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 2017
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2017
Carreira seguinte:
Gran Premio de Malaisia de 2017
Carreira anterior:
Gran Premio de Singapur de 2016
Gran Premio de Singapur Carreira seguinte:
Gran Premio de Singapur de 2018