Nado en Kortrijk, Vandoorne comezou a súa andaina no karting en 1998 aos seis anos, e dez anos máis tarde gañou o Campionato KF2 belga. En 2009 terminou como subcampión na Copa do Mundo CIK-FIA na categoría KF2.[1]
Fórmula Renault
En 2010, Vandoorne trasladouse aos monoprazas de carreiras, uníndose as Series F4 Eurocup 1.6.[2] Logo gañou a serie no seu primeiro intento, terminando a tempada con seis vitorias e tres podios..[3]
Na tempada 2012 Vandoorne mantívose na Eurocup, pero deixou KTR para unirse a Josef Kaufmann Racing.[7] Gañou o campionato por dez puntos logo dunha dura batalla co Red Bull de Daniil Kvyat. Entre eles gañaron 11 das 14 carreiras e terminaron a máis de 100 puntos de vantaxe sobre o seu rival máis próximo. Vandoorne terminou a tempada con catro vitorias e seis podios no seu haber. Tamén disputou algunha carreira na Northern European Cup, onde gañou cinco das sete carreiras que empezou e terminou no podio nunha sexta carreira.
En xaneiro de 2014, confirmouse que Vandoorne faría a súa estrea na GP2, competindo con ART. Na primeira carreira en Bahrain, Vandoorne conseguiu a súa primeira vitoria da tempada na carreira principal. A isto seguíronlle catro poles consecutivas, tres vitorias máis en Hungaroring, Monza e Yas Marina e seis podios adicionais. Malia ser un novato, terminou segundo por detrás do campión de 2014 Jolyon Palmer.
Vandoorne continuou con ART en 2015 e foi considerado o principal candidato ao título.[9] Participou na Fórmula 3 xaponesa de 2014 xunto o campión Nobuharu Matsushita. Logo de cinco vitorias, doce podios e catro poles, Vandoorne logrou o título en Sochi, 108 puntos por encima do seu rival máis próximo Alexander Rossi.
Fórmula Un
En febreiro de 2013, Vandoorne uniuse ao Programa de Novos Pilotos de McLaren,[10] baixo a tutela do seu representante Richard Goddard, en colaboración co director deportivo do equipo Sam Michael e o seu xefe de comunicacións Matt Bishop, Alex Wurz presentouno en 2011.[11][12]
En xaneiro de 2014, foi presentado como terceiro piloto de McLaren F1 tamén como piloto titular nas GP2 Series de ART Grand Prix.[13]
Fórmula Súper
O 12 de febreiro de 2016, anunciouse que Vandoorne correrá na Super Fórmula en 2016.[14] Terminou en cuarto lugar, a clasificación máis alta entre os pilotos de motor Honda, con dúas vitorias e unha pole position no Fuji Speedway en condiciónsde mollado ao longo da carreira.
O 3 de setembro de 2016, antes do Gran Premio de Italia, McLaren anunciou que Jenson Button non renovaría en 2017, e que Vandoorne o substituiría para correr xunto a Alonso para a tempada de Fórmula Un de 2017.[16] O 23 de agosto de 2017, anunciouse que Vandoorne manteríase para a tempada 2018.[17]
↑"F4 Eurocup 1.6 2010". driverdb.com. Driver Database. Consultado o 24 de febreiro de 2013.
↑"Vandoorne debut with KTR". ItaliaRacing.net (Inpagina). 2010-10-31. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2011. Consultado o 24 de febreiro de 2013.