É a sede do Gran Premio de Singapur[3] de Fórmula 1 desde a tempada 2008, entrando así á lista de Grandes Premios de Fórmula 1. O Gran Premio celebrase no trazado urbano da cidade-estado de Singapur, transcorrendo a través das rúas desta. As obras para a construción do trazado comezaron en setembro de 2007. A pista ten 4´940 km.[4] de longo nun lugar do porto similar en estilo ao Circuíto de Mónaco e o Circuíto urbano de Valencia.
O circuíto deseñado por KBR,[5] e é unha modificación do orixinal proposto por Hermann Tilke.[5] O circuíto ten unha licenza FIA de grao 1.[6] O circuíto ten un récord único de ter polo menos unha aparición de coche de seguridade en todas as carreiras ata a 2022. Houbo un total de 23 saídas de coches de seguridade en trece carreiras.[7][8][9]
Circuíto
Do mesmo xeito que os circuítos de Mónaco e Valencia, a cidade e as súas rúas serán o escenario do Gran Premio.
O trazado mide 5,2 quilómetros, e ten 23 curvas, sendo a carreira no sentido contrario ás agullas do reloxo. Pódense alcanzar altas velocidades no circuíto, en rectas como a de Esplanade Drive ou Raffles Boulevard. A pista pasa por baixo dunha das bancadas do circuíto, creando así un túnel como Mónaco.
Neste ciruito córrense un total de 61 voltas, a marca de volta é de 1:45.976 por parte do finlandés Kimi Räikkönen co equipo Ferrari no ano 2008.[10]
En 2013 produciuse un cambio no circuíto desaparecendo as chicanes "Singapore Sling" (Curvas 10, 10a, 10b)e converteuse nunha única curva cara á esquerda de media-alta velocidade que desemboca nas curvas 11 e 12. Este cambio produciuse polas queixas dos equipos que decian que era unha zona perigosa e por ese motivo suprimiuse.[11]
Características
Capacidade espectadores: 90.000
Lonxitude do circuíto: 5´065 quilómetros.
Distancia da carreira de Fórmula 1: 61 voltas = 308´082 quilómetros. 23 curvas en total. (10 dereitas, 13 esquerda)
Configuración aerodinámica: alta. Velocidade máxima estimada 305 km/h con DRS, 290 km/h sen DRS
Aceleración a fondo: 45% do tempo de volta.
Tempo de freado: 21% do tempo da volta.
Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
Consumo de combustible: kg por volta.
Cambio de marchas por volta:
Número de zonas de freado:
Desgaste dos freos: moi alto
Desgaste dos pneumáticos: medio
Distancia dos Boxes:
Perda de tempo nunha parada en boxes:
Tempo total necesario para a parada en boxes: 29 segundos
Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´37 segundos.
O circuíto conta cunha capacidade para máis de 80.000 espectadores, e en canto á parte técnica conta cunha zona de boxes permanente con instalacións de luxo, o paddock que está situada xunto ao complexo de Singapore Flyer.[12]
Polémica
Tras o anuncio de que Singapur hospedaría o primeiro Gran Premio nocturno na historia da Fórmula 1, iniciouse unha polémica debido ao potencial risco para os pilotos que podería supor a realización dunha carreira nocturna. Con todo, a FIA decidiu que o evento manteríase tras realizar dúas probas de iluminación cuxos resultados foron positivos.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Singapur