O Gran Premio de Singapur de 2019, oficialmente 2019 Formula 1 Singapore Airlines Singapore Grand Prix, foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 22 de setembro de 2019 no Circuíto urbano de Marina Bay de Singapur. Foi a décimo quinta carreira da tempada de Fórmula Un de 2019 e foi o vixésimo Gran Premio de Singapur e a duodécima vez que se disputou a carreira en Marina Bay.
Antecedentes
Cambios de pista
Antes da carreira, anunciouse que se engadiría unha terceira zona DRS entre as curvas 13 e 14, no tramo da Esplanade Drive, para axudar aos adiantamentos.[1]
Pneumáticos dispoñibles
Pneus dispoñibles para Singapur
Pneus para pista seca
Pneus para chuvia
Duros (Tipo C3)
Medios (Tipo C4)
Brandos (Tipo C5)
Intermedios
Chuvia
Práctica
Q1
Charles Leclerc retirouse cedo na FP1 e o Mercedes de Valtteri Bottas sufriu unha rotura por sobreviraxe, provocando un choque na curva 19. aparecendo a bandeira vermella.[2]Max Verstappen encabezou os tempos, 0,167 segundos por diante do 2º posto de Sebastian Vettel durante a sesión de prácticas. Nico Hülkenberg estableceu un tempo impresionante, quedando no sexto lugar nas listas de tempo, aínda que a 1,5 segundos de Verstappen.[3]
Q2
A principios da sesión Alexander Albon perdeu a á dianteira tras bloquear e golpear o muro na curva 10.[4]Lewis Hamilton gañou vantaxe sobre Verstappen durante a sesión e superouno nos cadros de tempos con 0.184 segundos por diante. Leclerc conseguiu dar unha volta, aínda que quedou a 1.245 segundos de Hamilton. Os dous pilotos de Ferrari estaban frustrados tras atoparse con numerosos incidentes de tráfico. Carlos Sainz logrou a 7ª posición a 1,3 segundos de Hamilton.[5]
↑Sergio Pérez recibiu unha penalización de cinco posicións por un cambio non programado na caixa de cambios.
↑Daniel Ricciardo clasificouse oitavo, pero foi descualificado por superar o límite de potencia MGU-K durante a Q1. Foi autorizado a correr por decisión dos comisarios.