Gladys West
Gladys Mae West (tamén coñecida como Gladys West, ou o seu nome de nacemento Gladys Mae Brown) nada en Dinwiddie o 1 de xuño de 1931, é unha matemática estadounidense recoñecida polas súas contribucións á matemática que fundamentan os Sistemas de Posicionamento Global, máis coñecidos polas súas siglas en inglés GPS (Global Positioning System). TraxectoriaPrimeiros anos e adolescenciaWest naceu no Condado de Dinwiddie, Virxinia, no seo dunha familia de agricultores que traballaban a terra en Aparcería. Grazas á obtención dunha bolsa por ser a mellor da súa clase en secundaria, estudou matemáticas na Universidade Estatal de Virxinia. Despois de graduarse dedicouse ao ensino ao redor de dous anos. CarreiraEn 1956 Westt empezou a traballar na división de Dahlgren do Centro para a Guerra de Superficie Naval, onde foi a segunda muller negra contratada na historia do Centro. West empezou a recompilar datos de satélites, para finalmente utilizalos no desenvolvemento do Sistema de Posicionamento Global[1]. O seu supervisor Ralph Neiman recomendouna como directora do proxecto de altimetría do radar de Seasat, o primeiro satélite que podía detectar remotamente océanos.[2][3] En 1979, Neiman recomendou a West para unha mención.[4] West foi programadora na División de Dahlgren para ordenadores a grande escala e directora do proxecto para sistemas de procesamento de datos utilizado na análise de datos de satélites.[5] ![]() En 1986, West publicou "Data Processing System Specifications for the Geosat Satellite Radar Altimeter", unha guía ilustrada de 60 páxinas. A guía do Centro de Armas de Superficie Naval (NSWC) foi publicada para explicar como aumentar a exactitude da estimación de "alturas de xeoide e reflexión vertical", temas de xeodesia de satélites. Isto conseguiuse mediante o procesamento de datos creado dende a radio altimeter sobre o satélite Geosat, que entrou en órbita o 12 de marzo de 1984.[6] Ela traballou en Dahlgren durante 42 anos, retirándose en 1998.[7] As súas contribucións ao GPS foron só descubertas cando un membro da irmandade de West, Alfa Kappa Alfa, leu unha biografía curta que West enviara para unha función.[8] Vida persoalCoñeceu ao seu marido Ira West na base naval e casaron en 1957.[9] En febreiro de 2018, cando West vivía no Condado King George, Virxinia, completou un doutoramento, vía un programa de aprendizaxe a distancia, con Virxinia Tech.[10] Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|