Giovanni Berchet, nado o 23 de decembro de 1783 e finado o 23 de decembro de 1851, foi un escritor italiano.
Traxectoria
Naceu en Milán nunha familia de orixe savoiana baixo o nome de Riccardo Michelini, na súa mocidade traduciu poesía que expresaba o novo gusto romántico como a oda "The Bard" de Thomas Gray e novelas como "The Vicar of Wakefield" de Oliver Goldsmith.
En 1816 escribiu o manifesto máis importante do romanticismo italiano, a "Lettera semiseria di Grisostomo al suo figliolo". En 1818 formou parte do grupo que fundou Il Conciliatore, a publicación que se constituíu en voceira das posicións románticas. Dous anos despois inscribiuse na sociedade secreta da Carbonería, cultivando simultaneamente a paixón política e a literaria. Participou na insurrección de 1821 e ó fracasar tivo que se exiliar en París, Londres e finalmente Bélxica. Durante o período belga sobresae a súa produción pética: "I profughi di Parga" (1821), "Romanze" (1822-1824) e "Le fantasie" (1829). Volveu a Italia en 1845, participou nos cinco días de Milán en 1848 e loitou con todos os medios posibles pola consecución da unidade de Italia, logo do fracaso da Primeira Guerra de Independencia Italiana e a inicial prevalencia de Austria tívose que retirar ó Piemonte. En 1850 aliouse coa dereita histórica e elixírono ó Parlamento subalpino. Morreu na capital piemontesa o ano seguinte.
Véxase tamén
Bibliografía
- G. Berchet, Opere edite e inedite, a c. di L. Cusani, Milán 1863;
- Italo Bertelli, L'itinerario umano e poetico di Giovanni Berchet, Giardini, Ghezzano (PI), 2005; ISBN 88-427-0437-7
- M. Fubini, Romanticismo italiano, Bari 1953;
- G. Derla, Poetica e ideologia di G. Berchet, en «Convivium» 36 (1968), pp. 293-308;
- V. Spinazzola, La poesia come spettacolo di G. Berchet, na Storia della letteratura Garzanti, VII, pp. 972–984.
Ligazóns externas