Gerty Theresa Cori
Gerty Theresa Cori | |
Nacemento | (cs) Gerty Theresa Radnitz 15 de agosto de 1896 Praga (Imperio Austrohúngaro)
|
---|
Morte | 26 de outubro de 1957 (61 anos) Glendale, Estados Unidos de América (pt) |
---|
Causa da morte | mielofibrose idiopática (pt) insuficiencia renal |
---|
Residencia | Estados Unidos de América |
---|
Educación | Universidade alemá de Praga German University in Prague Medical School (en) |
---|
|
Campo de traballo | Bioquímica e medicina |
---|
Ocupación | bioquímica, química, fisiólogo, médica, psicóloga, investigadora |
---|
Empregador | Universidade Washington em St. Louis (pt) |
---|
Membro de | |
---|
|
Cónxuxe | Carl Ferdinand Cori (1920–1957) |
---|
Pai | Otto Radnitz |
---|
Irmáns | Lotte Frumi |
---|
|
|
| Descrito pola fonte | Biographies of important Austrian women scientists (en) , (p.128-130) >>>:Cori, Gerty, geb. Radnitz, Gerty Theresa Obálky knih, Medvik >>>:Cori, Gerty T. (Gerty Theresa), 1896-1957, |
---|
|
Gerty Theresa Cori, nada en Praga o 15 de agosto de 1896 e finada en St. Louis (Missouri) o 26 de outubro de 1957, foi unha bioquímica estadounidense.
Traxectoria
Gerty Theresa Radnitz naceu no seo dunha familia xudía. O seu pai, Otto Radnitz, foi un químico que se converteu en xerente dunha refinaría de azucre despois de inventar un exitoso método de refinación.[1] A súa nai, que contaba entre os seus amigos a Franz Kafka, era unha muller culta e sofisticada. Realizou os primeiros estudos en casa con profesores particulares e posteriormente foi inscrita nun colexio para nenas, cando tiña 16 anos de idade decidiu que quería ser médico. Animada por un tío materno, profesor de Pediatría na universidade, estudou e aprobou o exame de admisión da universidade para asistir á escola de Medicina.
Foi admitida na Facultade de Medicina da Universidade alemá Carl Ferdinand en Praga en 1914 [2] e obtivo o doutoramento en Medicina en 1920. Mentres estudaba na universidade coñeceu a Carl Cori, e casaron en 1920, despois de graduarse, e Gerty converteuse ao catolicismo, que era a relixión de Carl. Despois da voda mudáronse a Viena, Austria, onde Gerty pasou os seguintes dous anos traballando no Children' s Carolinen Hospital, mentres Carl traballaba nun laboratorio.
Durante a súa estancia no hospital traballou na unidade de Pediatría e ademais levou a cabo investigacións no campo da regulación da temperatura, o comparativo de temperaturas antes e despois do tratamento de patoloxía tiroidea e publicou artigos sobre trastornos do sangue.[1] A vida volveuse moi difícil despois da primeira guerra mundial, Gerty mesmo sufriu xeroftalmía, unha enfermidade dos ollos ocasionada por deficiencia de vitamina A, causada pola severa desnutrición que lle provocou a escaseza de alimentos. Estes problemas, xunto co crecente antisemitismo, contribuíron a que a parella decidise abandonar Europa.
Carreira nos Estados Unidos.
En 1922, emigraron aos Estados Unidos — Gerty seis meses despois de Carl, debido á dificultade para obter un emprego— para dedicarse á investigación médica no State Institute for the Study of Malignant Diseases —Instituto Estatal para o Estudo de Enfermidades Malignas, actualmente Roswell Park Cancer Institute— en Búfalo, Nova York. En 1928, convertéronse en cidadáns naturalizados dos Estados Unidos. [3]
Aínda que eran desalentados a traballar xuntos en Roswell, seguiron facéndoo, e especializáronse na investigación do metabolismo dos carbohidratos. Estaban particularmente interesados en como se metaboliza a glicosa no corpo humano e nas hormonas que regulan este proceso. Publicaron cincuenta artigos mentres estiveron en Roswell, presentaban en calidade de primeiro autor a quen fixera a maior parte da investigación para un determinado estudo. Gerty Cori publicou once artigos como único autor. En 1929, propuxeron o ciclo teórico que máis tarde lles fixo gañar o Premio Nobel, o ciclo de Cori. O ciclo describe a forma en que o corpo humano utiliza algunhas reaccións químicas no tecido muscular, para romper carbohidratos como o glicóxeno—un derivado da glicosa— en ácido láctico, mentres ao mesmo tempo sintetízanse outros.[4]
Os Cori deixaron Roswell despois de publicar o seu traballo sobre o metabolismo dos carbohidratos. Algunhas universidades ofrecéronlle unha posición a Carl, pero negáronse a contratar á súa esposa. Durante unha das entrevistas, Gerty foi informada que se consideraba «pouco estadounidense» que unha parella de esposos traballase xuntos.[1] En 1931, mudáronse a St Louis, Missouri, onde lle ofreceron a Carl un posto como investigador na Escola de Medicina da Universidade de Washington. A pesar dos seus antecedentes, a Gerty ofrecéronlle soamente un posto como investigadora asociada, cun soldo que correspondía á décima parte do que gañaba Carl,ademais advertíronlle que podía prexudicar a carreira do seu marido.[3] En 1943, foi nomeada profesora asociada de investigación en Bioquímica e Farmacoloxía. Meses antes de que gañase o Premio Nobel foi ascendida a profesor titular, cargo que ocupou ata a súa morte en 1957. [5]
Continuaron traballando en colaboración na Universidade de Washington. Nas súas análises con músculo de ra moído, descubriron un composto intermedio que permitía a degradación do glicóxeno, chamado glicosa-1- fosfato agora coñecido como o éster de Cori.[6] Estableceron a estrutura do composto, identificaron a encima que cataliza a súa formación química, a glicóxeno fosforilase, e demostraron que o éster de Cori é o paso inicial na conversión do carbohidrato glicóxeno en glicosa —do que existen grandes cantidades no fígado—. Tamén pode ser o último paso na conversión da glicosa sanguínea en glicóxeno, xa que é un proceso reversible.[7]
Recoñecementos
Obtivo o Premio Nobel de Medicina en 1947 canda a Carl Ferdinand Cori[8], seu marido, pola súa descuberta da conversión catalítica do glicóxeno, tras o seu desenvolvemento profesional na Universidade de Washington en St. Louis (Missouri).
O cráter Cori na Lúa foi nomeado na súa honra.[2]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Daniel Roberto Altschuler e Fernando J. Ballesteros (2016). Las mujeres de la Luna. Historias de amor, dolor y valor. Editorial: Next Door Publishers e Jot Down Books (Colección El café Cajal). ISBN: 978-84-944435-4-1
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
1901–1925 | |
---|
1926–1950 |
- 1926: Fibiger
- 1927: Wagner-Jauregg
- 1928: Nicolle
- 1929: Eijkman, Hopkins
- 1930: Landsteiner
- 1931: Warburg
- 1932: Sherrington, Adrian
- 1933: Morgan
- 1934: Whipple, Minot, Murphy
- 1935: Spemann
- 1936: Dale, Loewi
- 1937: Szent-Györgyi
- 1938: Heymans
- 1939: Domagk
- 1943: Dam, Doisy
- 1944: Erlanger, Gasser
- 1945: Fleming, Chain, Florey
- 1946: Muller
- 1947: C.Cori, G.Cori, Houssay
- 1948: Müller
- 1949: Hess, Moniz
- 1950: Kendall, Reichstein, Hench
|
---|
1951–1975 |
- 1951: Theiler
- 1952: Waksman
- 1953: Krebs, Lipmann
- 1954: Enders, Weller, Robbins
- 1955: Theorell
- 1956: Cournand, Forssmann, Richards
- 1957: Bovet
- 1958: Beadle, Tatum, Lederberg
- 1959: Ochoa, Kornberg
- 1960: Burnet, Medawar
- 1961: Békésy
- 1962: Crick, Watson, Wilkins
- 1963: Eccles, Hodgkin, Huxley
- 1964: Bloch, Lynen
- 1965: Jacob, Lwoff, Monod
- 1966: Rous, Huggins
- 1967: Granit, Hartline, Wald
- 1968: Holley, Khorana, Nirenberg
- 1969: Delbrück, Hershey, Luria
- 1970: Katz, Euler, Axelrod
- 1971: Sutherland
- 1972: Edelman, Porter
- 1973: Frisch, Lorenz, Tinbergen
- 1974: Claude, Duve, Palade
- 1975: Baltimore, Dulbecco, Temin
|
---|
1976–2000 |
- 1976: Blumberg, Gajdusek
- 1977: Guillemin, Schally, Yalow
- 1978: Arber, Nathans, Smith
- 1979: Cormack, Hounsfield
- 1980: Benacerraf, Dausset, Snell
- 1981: Sperry, Hubel, Wiesel
- 1982: Bergström, Samuelsson, Vane
- 1983: McClintock
- 1984: Jerne, Köhler, Milstein
- 1985: Brown, Goldstein
- 1986: Cohen, Levi-Montalcini
- 1987: Tonegawa
- 1988: Black, Elion, Hitchings
- 1989: Bishop, Varmus
- 1990: Murray, Thomas
- 1991: Neher, Sakmann
- 1992: Fischer, Krebs
- 1993: Roberts, Sharp
- 1994: Gilman, Rodbell
- 1995: Lewis, Nüsslein-Volhard, Wieschaus
- 1996: Doherty, Zinkernagel
- 1997: Prusiner
- 1998: Furchgott, Ignarro, Murad
- 1999: Blobel
- 2000: Carlsson, Greengard, Kandel
|
---|
2001– |
- 2001: Hartwell, Hunt, Nurse
- 2002: Brenner, Horvitz, Sulston
- 2003: Lauterbur, Mansfield
- 2004: Axel, Buck
- 2005: Marshall, Warren
- 2006: Fire, Mello
- 2007: Capecchi, Smithies, Evans
- 2008: Barré-Sinoussi, Montagnier, zur Hausen
- 2009: Greider, Blackburn, Szostak
- 2010: Robert Edwards
- 2011: Beutler, Hoffmann, Steinman
- 2012: Gurdon, Yamanaka
- 2013: Rothman, Schekman, Südhof
- 2014: John O'Keefe, May-Britt Moser, Edvard Moser
- 2015: William C. Campbell, Satoshi Ōmura, Tu Youyou
- 2016: Yoshinori Ōsumi
- 2017: Jeffrey C. Hall, Michael Rosbash, Michael W. Young
- 2018: Honjo, Allison
- 2019: Semenza, Ratcliffe, Kaelin Jr.
- 2020: Alter, Houghton, Rice
- 2021: Julius, Patapoutian
|
---|
|
|