Catabolismo: Na reacción de glicoxenólise (degradación do glicóxeno) é o produto da reacción levada a cabo pola glicóxeno fosforilase, ao hidrolizar un polímero de glicóxeno, do cal escinde moléculas de glicosa en forma de glucosa 1-fosfato[3]. Posteriormente, e para que esta glicosa poida ser utilizada no catabolismo celular, a glicosa 1-fosfato é convertida en glicosa 6-fosfato por medio da catálise levada a cabo polo encima fosfoglicomutase. Unha das razóns polas que se forma glicosa 1-fosfato en lugar de formarse directamente glicosa durante a fosforólise do glicóxeno, é que o grupo fosfato confire unha elevada polaridade á molécula de glicosa, o que impide que poida atravesar a membrana celular, quedando así marcada para incorporarse ao catabolismo intracelular[4]. A galactosa pode formar UDP-galactosa, e esta UDP-glicosa, que orixina glicosa 1-fosfato, que se pode incorporar á glicólise.
↑ 3,03,1A. Lehninger. Principios de Bioquímica. (1988). Omega. Páxinas 414-415, 572-573. ISBN 84-282-0738-0
↑Jeremy M. Berg, John L. Tymoczko & Lubert Stryer: Biochemistry, 6ª edición, s. 450,594-595, 604. W. H. Freeman and Company, 2006. ISBN 978-0-7167-8724-2.