Butler naceu en Paisley, Escocia, sendo o máis novo de tres irmáns e fillo de Margaret e Edward Butler. Os seus primeiros anos pasounos en Montreal (Canadá) e posteriormente volveu a Paisley trala separación dos seus pais. Criouse coa súa nai, quen casou de novo poucos anos despois. Non tivo contacto co seu pai até os dezaseis anos. Estudou Dereito na Universidade de Glasgow, onde foi presidente da Sociedade de Leis da Escola e traballou como avogado trala súa graduación.