How to Train Your Dragon 2 é un filme estadounidense de animación estreado en 2014 e escrito e dirixido por Dean DeBlois. Producido por DreamWorks Animation e distribuído por 20th Century Fox, está vagamente na serie de libros homónima de Cressida Cowell. É a secuela do filme de 2010 How to Train Your Dragon e é o segundo título da triloxía. Está protagonizado polas voces de Jay Baruchel, Gerard Butler, Craig Ferguson, America Ferrera, Jonah Hill, Christopher Mintz-Plasse, T. J. Miller e Kristen Wiig, xunto con Cate Blanchett, Djimon Hounsou e Kit Harington que se uniron ó elenco. A historia do filme ten lugar cinco anos despois dos acontecementos do primeiro, protagonizada por Hiccup e os seus amigos que coñecen a Valka, a nai durante moito tempo perdida de Hiccup, e a Drago Bludvist, un tolo que quere conquistar o mundo.[4]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas