Friedrich Reinhold Kreutzwald, nado en Jömper/Jõepere (preto de Sankt Katharinen/Kadrina, Condado de Lääne-Viru) o 26 de decembro de 1803 e finado en Tartu o 25 de agosto de 1882, foi un escritor e médico estoniano autor do poema épico Kalevipoeg (O fillo de Kalev), primeiro libro en lingua estoniana.
Traxectoria
De orixes humildes, licenciouse en medicina na Universidade de Tartu en 1833, e practicou a profesión de médico en Võru, no sur de Estonia, entre 1833 e 1877.
Paralelamente, foi autor de diversas obras literarias, principalmente de contos populares e poemas. Foi membro da Sociedade Estoniana de Intelectuais fundada en 1838. Esta sociedade, que operaba dende a Universidade de Tartu foi unha grande promotora e defensora da cultura vernácula de Estonia.