Francisco José de Paula Santander Omaña, nado en Villa del Rosario de Cúcuta o 2 de abril de 1792 e finado en Bogotá o 6 de maio de 1840, foi un militar e político colombiano, soado pola súa participación no proceso de independencia respecto do Imperio Español.
Traxectoria
Santander participou na guerra que se librou contra as forzas centralistas en 1813. Máis tarde foi un dos principais organizadores da campaña de resistencia contra a reconquista española, que deu a liberdade definitiva á Nova Granada. Tamén, interveu nas concluíntes batallas do Pantano de Vargas e de Boyacá, en 1819.[1]
Coñecido como O Home das leis e o Organizador da vitoria, Santander foi Vicepresidente da Gran Colombia no período de 1819 a 1827 (Encargado do poder executivo) e Presidente da República da Nova Granada entre 1832 e 1837.[2]
Santander construíu o primeiro sistema de educación pública de Colombia ó pular pola creación de escolas e universidades.[3]
Notas