Xoán de Austria, nacido en Viena en 1805 e finado en 1809.
Amalia de Austria, nada en Viena en 1807 e finada no mesmo ano na mesma cidade.
Meses despois, Francisco contraeu terceiras nupcias coa arquiduquesa María Luísa de Austria-Este en Viena o día 6 de xaneiro de 1808. María Luísa era filla do duque Fernando III de Módena e da princesa María Beatriz de Este. A parella non tivo descendencia e María Luísa falecía en Viena o 7 de abril de 1816.
Durante o seu mandato, a súa man dereita foi Metternich, condutor do Congreso de Viena, cuxa relevante xestión devolveu á coroa austríaca os territorios seus que foran ocupados.
Francisco, que era un convencido reaccionario, asentou o seu poder sobre medidas de represión policíaca e censura, para conxurar a ameaza do liberalismo. Nesa tarefa contou coa axuda inestimable de Metternich, con quen chegou a identificarse plenamente nos anos finais do reinado.
En 1804 Francisco I tomara o título de Emperador de Austria, e o 6 de agosto de 1806 decretara a desaparición do Sacro Imperio Romano Xermánico, que rexera dende 1792, coa clara intención de impedir que Napoleón Bonaparte' se apropiase do título e a lexitimidade histórica que este levaba consigo.[2]
O Imperio austríaco era o resultado da acumulación dunha serie de posesións territoriais entre as que, á parte dos propios territorios austríacos, había que engadir os reinos de Hungría, Bohemia e Dalmacia, as provincias italianas da Lombardía e Venecia, a zona de Galitzia e Cracovia, e os ducados de Salzburgo e Bucovina.
Tras a celebración do matrimonio entre a súa filla María Luísa de Habsburgo-Lorena con Napoleón en 1810, o Imperio austríaco mantívose ao lado de Francia durante un período.
Porén, finalmente, en 1813, Francisco I tivo que aliarse con Prusia e Rusia para facer fronte á pretendida hexemonía de Napoleón sobre Europa, alianza que se mantivo ata a derrota definitiva do emperador francés na batalla de Waterloo en xuño de 1815.
↑ 1,01,1Bey der Niederlegung der kaiserlichen Reichs-Regierung. Dekret vom 6. August 1806. in: Otto Posse: Die Siegel Band 5, Beilage 3, Pp 256ff – Verkündung der neuen Titulatur als Kaiser von Österreich