Francisco Carballo Carballo, nado en Celeirón (Asadur, Maceda) o 8 de marzo de 1925 e finado en Salamanca o 29 de novembro de 2014, foi un escritor, sacerdote e teólogo galego.[1]
Traxectoria
No ano 1941 marchou a Madrid para ingresar como novizo nos Paúles. Estudou Teoloxía e Historia (licenciado en 1954) en Madrid. Foi director do colexio San Narciso de Marín (1954-1958) e noutro de Barakaldo (1958-1965). Foi profesor da Igrexa no teologado San Vicente de Paúl de Salamanca, e o seu reitor (1965-1971), e no Instituto Teolóxico Gaudium et Spes (1965-1973). En 1973 trasladouse a Vigo como profesor da Escola Universitaria de Maxisterio.
Foi un dos fundadores do semanario A Nosa Terra en 1977 e un colaborador constante. Ten colaboracións n'A Trabe de Ouro e Encrucillada.
Presentouse como candidato ao senado polo BNPG nas eleccións de 1979. En 1981 foi condenado a seis meses e un día de prisión menor e a 20.000 pesetas de multa por calumnias á policía no libro Historia de Galicia, editado en 1979 pola Asemblea Nacional-Popular Galega.[2].
Desde que se xubilou viviu no Morrazo. Finou en Salamanca o 29 de novembro de 2014.[3]
Obra en galego
Ensaio
Libro de conversas
Obras colectivas
- Historia de Galicia, 1979, Frente Cultural da ANPG.
- Castelao contra a manipulación, 1984, Xistral.
- A nosa literatura, 1988.
- 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990.
- Historia de Galicia, 1992, A Nosa Terra.
- O mundo desde aquí, 1993, IGADI.
- Historia Xeral de Galicia, 1997, A Nosa Terra.
- Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, 2009, Fundación Manuel María.
- Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70, 2009, Fundación Bautista Álvarez.
- Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), 2010, Fundación Bautista Álvarez.
Obra en castelán
Ensaio
- El santuario del monte Medo, 1963.
Obras colectivas
Recoñecementos
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas