Santiago Prol Blanco, nado en Maceda en 1960, é un ensaísta galego.
Traxectoria
Mestre e investigador, ten colaborado con diversos medios de comunicación, destacando A Nosa Terra, tendo realizado tamén exposicións fotográficas.
Obras
Ensaio
- João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal, 2002, Deputación de Ourense.
- Xosé Lois Parente, poeta e galeguista na II República, 2006, Grupo Academia Postal.
- Benigno Álvarez, un comunista na Galiza dos anos 30, 2008, A Nosa Terra.
- Nobres vencellados ao Castelo de Maceda, 2009, Difusora.
- Manuel Vidal, un presbítero ilustrado de Maceda, 2017, Servipost Editores.
- Conversas co Bieito, 2022, Difusora.
Poesía
Obras en colaboración