Dous filmes foron candidatos representando á China, ambos dirixidos por Zhang Yimou, director de seis filmes propostos. Zhang tamén foi candidato por outro filme, que representaba á colonia británica de Hong Kong. O outro director chinés proposto en máis dunha ocasión é Chen Kaige, que tamén obtivo unha candidatura representando a Hong Kong. A China, Hong Kong e Taiwán están recoñecidas pola Academia como entidades separadas e envían cadanseu filme á competición. Aínda que adoitaban ter industrias cinematográficas moi separadas, dende principios do século XXI comezou a desenvolverse unha industria máis común, con directores, actores e técnicos traballando habitualmente fóra do seu territorio.
Propostas
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou a China para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
↑A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]