O aceno ten diversos significados e interpretacións segundo as diversas culturas, como esconxuro, insulto, burla ou xogo, e na lingua de sinais americana representa a letra T.
En Italia este sinal, coñecido como "fica" ou "far le fiche ", debido á súa semellanza co clítoris, era un xesto común e moi rudo nos séculos pasados, semellante ao dedo medio.
O xesto tamén é mencionado por Dante no canto vixésimo quinto do Inferno da Divina Comedia nas liñas 1-16, onde a alma de Vanni Fucci realiza este xesto como un acto de blasfemia contra Deus.[5]
En Turquía este sinal, coñecido como "nah", é un xesto moi coñecido e moi ofensivo.[3]
En Rusia este aceno, coñecido como "фиг тебе" (pronunciado "fik tibie") ou "фиг [тебе] с маслом" (pronunciado "fik [tibie] s maslam"), é un xesto moi ofensivo e usado para negarlle algo a alguén, rirse de quen non conseguiu o que quería, ou demostrarlle a alguén que non conseguirá nada.