O Festival Internacional de Cine de Edimburgo é un certame competitivo de cine que se celebra na segunda metade do mes de agosto en Edimburgo, a capital de Escocia. Recoñecido oficialmente como parte do Festival de Edimburgo, é o certame de cine que leva máis edicións ininterrompidamente, dende 1947.
Características
O Festival Internacional de Cine de Edimburgo comezou en 1947 dedicado unicamente a documentais, nun momento en que só existían no mundo os festivais de Cannes e Venecia, pero na actualidade recolle todo tipo de xéneros.
Os tres principais galardóns son o premio Michael Powell, que se lle outorga a filmes británicos por medio dun xurado, un premio do público, e un premio a directores noveis. Todos os filmes que se exhiben son estreas no Reino Unido, e moitas delas ademais estreas en Europa ou mundiais.
A sede do festival é a Filmhouse de Edimburgo, se ben existen unha ducia de espazos de exhibición na cidade, ademais dese. Dende setembro de 2006 a directora artística do festival é Hannah McGill, crítica de cine e xornalista, que substituíu a Shane Danielson, directora entre 2002 e 2006. Sean Connery e Tilda Swinton son patróns de honra do festival.
Edicións
Palmarés
Premio Michael Powell ao mellor filme británico
Premio do público
Véxase tamén
Ligazóns externas