O Festival de Edimburgo é un termo co que se agrupan distintos festivais de actividades culturais que teñen lugar todos os meses de agosto na cidade de Edimburgo, a capital de Escocia.
Co tempo, serían moitas outras actividades as que se virían sumar ao Festival de Edimburgo, convertendo a cidade na capital cultural non oficial de Europa no mes de agosto, se ben as súas datas de comezo e fin non sempre coinciden co festival orixinal de teatro.
Lista de festivais
Festival Internacional de Edimburgo (1947). O orixinal e máis oficial, que inclúe unha selección restrinxida de ópera, danza, música e teatro, maiormente de carácter clásico, e con prestixio internacional.
The Fringe (1947). O festival alternativo, basicamente de teatro e danza, que superou en dimensión e espazos de representación a calquera outro da cidade.
Ademais, unha serie de certames e mostras celebradas en agosto en Edimburgo aparecen vencelladas ao Festival, pero non son recoñecidos como tal oficialmente. Son: