Rabbit-Proof Fence é un filme australiano dirixido por Phillip Noyce que se estreou no 2002. Baséase no libro Follow the Rabbit-Proof Fence de Doris Pilkington Garimara, que conta a historia real da nai da autora, e doutras dúas nenas aborixes mestizas, que despois de seren arrebatadas ás súas familias polo goberno, regresaron elas soas ó seu fogar percorrendo centos de quilómetros.
Sinopse
Ano 1931, Australia. Molly Craig (Everlyn Sampi) é unha nena que foxe coa súa irmá máis nova e coa súa curmá, as tres mestizas de aborixes australianos, dunha institución gobernamental creada para formar ás nenas como empregadas domésticas ó servizo da sociedade branca australiana. Armada de gran coraxe e determinación, Molly guía ás pequenas dende Moore River ata Jigalong seguindo o valado contra os coellos que atravesa o oeste de Australia. Vivirán unha auténtica odisea percorrendo as 1.500 millas que as separan do seu fogar.