Evan Taylor Ellingson, nado en La Verne (California) o 1 de xullo de 1988 e finado o 5 de novembro de 2023, foi un actor estadounidense de cine e televisión.
Co-protagonizou MAD TV, e despois tivo un papel regular na serie de televisión Titus. No 2004, Evan foi escollido para interpretar a Kyle Savage na sitcom producida por Mel Gibson Complete Savages, que foi cancelada despois da primeira tempada.
No 2007, Ellingson tivo un papel recorrente na sexta tempada de 24 como sobriño de Jack Bauer. No outono de 2007, Ellingson interpretou a Kyle Harmon en CSI: Miami, o fillo perdido do Tenente Horatio Caine (David Caruso). No cine, destacou a súa aparición no filme A decisión de Anna, no cal interpretou a Jesse Fitzgerald, o fillo de Sara Fitzgerald, que era
interpretada por Cameron Diaz.
Filmografía
Cine
Ano
|
Filme
|
Papel
|
Notas
|
2009
|
A decisión de Anna
|
Jesse Fitzgerald
|
|
2007
|
Walk the Talk
|
Roy Naybor
|
|
2006
|
Cartas de Iwo Jima
|
Rapaz marine
|
|
2006
|
The Bondage
|
Mark Edwards
|
|
2005
|
Confession
|
Benjamin Givens
|
|
2003
|
Rules of the Game
|
Adam
|
|
2003
|
All Your Difference
|
Joseph
|
|
2002
|
Time Changer
|
Roger
|
|
2001
|
Living in Fear
|
Chuck con 12 anos
|
|
2001
|
The Gristle
|
Alden Boy
|
|
Televisión
Véxase tamén
Ligazóns externas