A decisión de Anna (en inglés: My Sister's Keeper) é un filme estadounidense dirixido por Nick Cassavetes que se estreou no 2009. Baséase na novela de Jodi Picoult My Sister's Keeper. Estreouse en galego na TVG o 11 de febreiro de 2012.[2]
Sinopse
A vida de Sara (Cameron Diaz) e Brian Fitzgerald (Jason Patric) cambia radicalmente cando a súa filla Kate (Sofia Vassilieva), de só dous anos, diagnostícanlle leucemia. Inmediatamente, Sara abandona a súa carreira de avogada para adicarse soamente ó coidado da nena. A única esperanza de salvación é recorrer á enxeñería xenética para ter outro fillo. Así é como nace Anna (Abigail Breslin). Entre ela e Kate establécese unha relación moi estreita, sobre todo porque ambas teñen que someterse a diversos tratamentos médicos e compartir longas estancias no hospital. Porén, cando Anna cumpre once anos, contrata a un avogado (Alec Baldwin) para emanciparse medicamente.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas