Estados da antiga Unión Soviética, Ex repúblicas soviéticas ou Estados postsoviéticos son termos sinónimos utilizados para referirse ás antigas repúblicas que conformaban a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas.[1][2]
Cada un destes países ten a súa propia cultura e lingua. Porén, a raíz desta unión de máis de medio século mantéñense aínda algúns lazos culturais entre os países independizados; entre outros aspectos resalta o uso do ruso como lingua franca. Así e todo poden citarse casos extremos: Ucraína adoptou o ucraíno como idioma oficial, Letonia require que os seus habitantes aproben un exame en letón para poder adquirir os dereitos da cidadanía da Unión Europea e en Belarús úsase o ruso en case todos os asuntos oficiais.[3]
Os Estados da antiga Unión Soviética adoitan dividirse tipicamente nos seguintes cinco grupos. Cada rexión ten características culturais, políticas e xeográficas comúns, así como factores na súa relación coa historia de Rusia, a Unión Soviética e a Unión Europea.[4][5][6][7]
Rusia, debido ao seu papel dominante na rexión, trátase como unha categoría en si mesma, aínda que tamén declarara a súa independencia da Unión Soviética.
Notas
↑[1] Mostra que xornalistas e Think Tanks (por exemplo, Rand) utilizan moi frecuentemente o termo FSU (Antiga Uniómn Soviética) (en inglés) Consultada o 27/12/2011.
↑Organizacións de asistencia social que tratan con persoas destes países, por exemplo JBFCSArquivado 02 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. usan tamén este termo.