Espazo vectorialUn dos conceptos básicos en álxebra linear é o de espazo vectorial ou espazo linear. A noción común de vectores como obxectos con tamaño, dirección e sentido, xuntamente coas operacións de adición e multiplicación por números reais forma a idea básica dun espazo vectorial. Deste punto de partida entón, para definirmos un espazo vectorial, precisamos dun conxunto de elementos e dúas operacións definidas sobre os elementos deste conxunto, adición e multiplicación por números reais. A multiplicación por reais pode ser trocada aínda por algo máis xeral como se mostra a continuación. Non é necesario que os vectores teñan interpretación xeométrica, senón poden ser calquera obxecto que satisfaga os axiomas de baixo. Os Polinomios de grao n forman un espazo vectorial, por exemplo, así como grupos de matrices NxM e o espazo de todas as funcións dun conxunto noutro (con algunhas condicións adicionais). DefiniciónUn espazo vectorial é unha entidade formada polos seguintes elementos:
As seguintes regras deben valer para que os elementos mencionados constitúan un espazo vectorial:
As definicións de 1 a 4 mostran que, en canto á operación de adición, un espazo vectorial é un grupo abeliano. O concepto de espazo vectorial (e os vectores como os seus elementos) é enteiramente abstracto, como os conceptos de grupos, aneis, corpos etc. Para determinar se un conxunto V é un espazo vectorial, temos simplemente que especificar o conxunto, o corpo F, e definir adición e multiplicación por escalar en V. Entón, se V satisfixese as condicións mencionadas, será un espazo vectorial sobre o corpo F.
Terminoloxía
Conxunto de xeradores e basesUn subconxunto S dun F-espazo vectorial V dise un conxunto de xeradores de V se todo vector de V pode expresarse como combinación lineal finita dos vectores de S, isto é, de xeito que Se alén disto S fose un conxunto linearmente independente, entón diremos que S é unha base para o espazo vectorial V. Se un espazo vectorial posúe un conxunto finito de xeradores, entón tódalas bases do mesmo teñen o mesmo número de elementos. A este número coñéceselle como dimensión.
ExemplosSon exemplos de espazo vectorial (sobre os números reais): O propio corpo dos números reais. O espazo euclidiano de calquera dimensión O conxunto das matrices de tamaño mxn (onde m e n son enteiros arbitrarios), coas operacións suma e produto por escalar. O conxunto de polinomios de grao menor ou igual que n (onde n é un número enteiro arbitrario) O conxunto de funcións reais de variable real. O conxunto de funcións reais de variable real continuas.
Véxase tamén
|