Es Migjorn Gran é un concello español situado na illa de Menorca, nas Illas Baleares. Esténdese por unha área de 31,2 km² onde no ano 2020 vivían 1 463 habitantes.
A vila fundouse durante a segunda dominación británica a partir da capela de San Cristovo, dentro do lugar de Binicodrellet, que no ano 1769 edificou Cristòfol Barber i Ametller, na honra ao seu patrón. De 1912 a 1913 publicouse o semanario quincenal Llum Nova, un dos primeiros boletíns publicados na lingua da illa. Até o ano 1988 aínda se chamaba oficialmente como a igrexa (San Cristóbal). Non foi até o ano 1989 cando se segregou de Es Mercadal e se constituíu como concello propio.
Economía
As praias e calas do concello de Es Migjorn Gran ocupan uns 2 250 metros cadrados, dos que 900 pertencen á praia de sant Tomàs, onde hai unha urbalización co mesmo nome moi preto.[1] As actividades económicas predominantes de Es Migjorn Gran son o turismo e a construción, aínda que tamén están activas algunhas explotacións agrarias. A actividade turística, que supón máis do 50% do PIB de Menorca, ten lugar entre os meses de abril e outubro.
Demografía
Segundo o INE, en 2019 Es Migjorn Gran contaba con 1 405 habitantes censados,[2] que se distribúen do seguinte xeito:
Núcleo de poboación
Habitantes
Es Migjorn Gran
1281
Sant Tomàs
79
Diseminado
45
TOTAL
1405
Evolución da poboación de Es Migjorn Gran dende a década dos 50 ata agora:
Política
A repartición de escanos nas últimas eleccións municipais quedou deste xeito: