Equisetáceas

Equisetáceas
(rabos de cabalo)

Rango fósil: Devoniano-Holoceno

Imaxe de Equisetum arvense
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pteridophyta
(agora Monilophyta)
Clase: Equisetopsida
Subclase: Equisetidae
Orde: Equisetales
Familia: Equisetaceae (familia nº 4)
Xéneros, subxéneros e especies

Equisetum

Equisetites

A clasificación máis actualizada do xénero é a de Christenhusz et al. 2011[1][2][3] (baseada en Smith et al. 2006,[4] 2008);[5] que tamén ten unha secuencia liñal das licófitas e monilófitas.

As equisetáceas (Equisetaceae) son unha familia monotípica (cun só xénero vivente, Equisetum) de plantas vasculares que se reproducen por esporas, xeralmente chamadas rabos de cabalo, entre outros nomes.

Equisetum é o único xénero vivente de todas as equisetópsidas, as cales teñen un extenso rexistro fósil entre o Devoniano e o Carbonífero. As equisetáceas son morfoloxicamente moi distintivas, cun talo con estriacións, follas reducidas dispostas en verticilos e follas fértiles transformadas en esporanxióforos unidas en estróbilos terminais. Este xénero consta de 15 especies agrupadas en dous subxéneros e unha especie adicional (Equisetum bogotense Kunth, a única suramericana), que é irmá das outras 14. As especies dentro de cada subxénero hibridan doadamente.

Ademais, hai algunhas especies fósiles que non se poden asignar ao xénero moderno. Equisetites é un taxon artificial no que se xuntan toda clase de rabos de cabalo grandes do Mesozoico; case son seguridade é parafilético.

Caracteres

Diagrama esquemático do ciclo de vida das plantas vasculares sen semente.
Referencias:
n : xeración haploide,
2n : xeración diploide,
m! : mitose,
M! : meiose,
F! : fecundación

Os equisetos son plantas vasculares con ciclo de vida haplodiplonte no que a alternancia de xeracións é clara, con esporófito e gametófito multicelulares e independentes, con esporas como unidade de dispersión e de resistencia. O gametófito ten unha estrutura talofítica, é dicir, é un "talo" (corpo sen organización), e o esporófito é un "cormo" (con raíz, talo -caule- e follas e sistema vascular). Debido a estas características tradicionalmente agrúpanse coas "pteridófitas".

Os talos (caules) son fotosintéticos, crecen a partir dun rizoma subterráneo mediante un meristema que consta dunha célula apical piramidal que se divide en tres direccións.

Os talos (caules) presentan nós e entrenós ben diferenciados, e os nós parecen inchados e articulados. A superficie do talo nos estrenós é estriada: presenta cristas e vales lonxitudinais, carácter único en monilófitas. As células da epiderme do talo depositan sílice na superficie do talo que actúa como reforzo de sostén. O talo é usualmente oco, e en corte transversal presenta un oco central e outros ocos pequeñiños no lado interno das cristas e os vales.

As follas (eufilos reducidos) son moi pequenas (menos de 2 cm de longo normalmente) e teñen aspecto escamoso, dispóñense arredor do talo de forma verticilada (máis de dúas follas no mesmo nó) e son connadas (están soldadas entre si pola súa base), formando unha vaíña ou coroa que ás veces está máis ou menos engrosada. As follas só son fotosintéticas ao principio. Só teñen un feixe vascular non ramificado.

Dos nós pode saír unha gran cantidade de ramas no subxénero Equisetum, de disposición verticilada e morfoloxía similar á do talo.

Ao final das ramas fértiles encóntrase o estróbilo, formado polos verticilos de follas fértiles (que neste clado se chaman "esporanxióforos").

O eixe do estróbilo pode ser verde ou non e nunca é ramificado. Os esporanxióforos son peltados (con pé), non fotosintéticos. Os esporanxióforos novos teñen forma de pulvínulo e logo toman forma hexagonal (en vista superficial), debido á forza mecánica que exercen entre eles.

Na cara interna do esporanxióforo orixínanse os esporanxios, que penduran por debaixo do ápice expandido do esporanxióforo.

Os esporanxios presentan un engrosamento secundario da parede de forma helicoidal (Bateman 1991). Os esporangios son de tipo eusporanxiado: grandes, sen anel, alongados, producen moitas esporas (máis de 1.000) por esporanxio.

As esporas son dispersadas polo vento.

As esporas son esféricas, verdes, con apertura circular e con de catro a seis eláteres (expansións longas con forma de correas) enrolados arredor da espora, que rapidamente se endereitan e colaboran no movemento da espora cando sae do esporanxio na dehiscencia.

As equisetáceas son plantas homospóricas (todas as esporas son iguais). Nas plantas homospóricas en xeral, as esporas posúen a capacidade de producir gametófitos con capacidade de orixinar gametos masculinos e femininos (é dicir, as esporas producen gametoófitos hermafroditas). Porén, existe unha controversia sobre se os gametófitos das equisetáceas son hermafroditas ou non. Algúns gametófitos producen só anteridios (que producen gametos masculinos), outros gametófitos producen só arquegonios (que orixinan gametos femininos). Segundo Judd et al. (2002), polo menos os gametófitos "femininos" vólvense bisexuais máis tarde.

Os gametófitos son verdes e superficiais.

Os anteridios producen unha gran cantidade de espermatozoides multiflaxelados. A morfoloxía dos espermatozoides liga claramente as equisetáceas coas demais monilófitas.

O número de cromosomas é x = 108.

Sistemática

Tanto a morfoloxía coma as análises moleculares de ADN (feitos sobre as secuencias plastídicas rbcL, trnL-F, rps4) indican que os fentos e rabos de cabalo son monofiléticos (Pryer et al. 2001[6] e 2004,[7] Des Marais et al. 2003,[8] Guillon 2004).[9]

O xénero único desta familia está composto por dous subxéneros, a hibridación é frecuente entre especies do mesmo subxénero mais non entre especies de subxéneros diferentes. As análises moleculares de ADN feitos sobre as 15 especies (baseados nunha análise combinada de dous marcadores no cloroplasto, trnL-F e rbcL), indica unha forte concordancia coa monofilia dos dous subxéneros. Dun só dos resultados resultou unha concepción nova: a especie suramericana, Equisetum bogotense, que non pertence a ningún dos dous subxéneros senón que máis ben é irmá das outras 14 especies.

A análise combinada de morfoloxía e secuencias de ADN (das secuencias cloroplastídicas rbcL, atpB, rps4, e da secuencia nuclear para a subunidade pequena de ADNr) situárono como un clado irmán das marattiáceas e dos fentos leptosporanxiados, formando entre os tres un clado irmán de Ophioglossaceae e Psilotaceae (Pryer et al. 2001 e 2004[6][7] Os caracteres morfolóxicos que inclúen Equisetum co resto dos fentos no clado Monilophyta son a morfoloxía dos espermatozoides (Renzaglia et al. 2000[10] e caracteres das raíces (Kato 1983).[11] O cladograma resultante é o que mostra o seguinte gráfico:

Situación de Equisetopsida na árbore filoxenética das traqueófitas..
.

Taxonomía

A clasificación máis actualizada ata o xénero é a de Christenhusz et al. 2011[1][2][3] (baseada en Smith et al. 2006,[4] 2008);[5] que tamén proporciona unha secuencia liñal das licófitas e monilófitas.

  • Subclase: II Equisetidae Warm., Osnov. Bot.: 221 (1883).
    • Orde D. Equisetales DC. ex Bercht. & J.Presl, Přir. Rostlin: 271 (1820).
1 familia.
      • Familia 4. Equisetaceae Michx. ex DC., Essai Propr. Méd. Pl.: 49 (1804).
1 xénero (Equisetum). Referencias: Des Marais et al. (2003), Guillon (2004, 2007), Hauke (1963, 1978), Schaffner (1930).
Nota: A situación de Equisetidae aínda é pouco clara. Algúns estudos baseados en ADN plastidial sitúano como irmán de Marattiidae (Pryer et al. 2004, Smith et al. 2006a), pero Rai & Graham (2010) encontraron que Equisetidae é irmán do resto dos fentos. Esta relación é máis consistente co rexistro fósil (Taylor et al. 2009) e está de acordo coa morfoloxía do grupo, se ben pénsase que debería incluírse na liñaxe dos fentos, é dicir, Polypodiopsida (no sentido de Pryer et al. 2001).

Clasificación sensu Smith et al. 2006

Clados e taxons superiores: Plantae (clado), Viridiplantae, Streptophyta, Streptophytina, Embryophyta, Tracheophyta, Euphyllophyta, Monilophyta, Clase Equisetopsida, Orde Equisetales, familia Equisetaceae, xénero Equisetum.

Equisetum provén do latín equus (cabalo) e seta (seda, pelo).

Nome vulgar: rabo de cabalo.

Circunscrición: dous subxéneros, que ás veces son considerados coa categoría de xénero, e unha especie suramericana, Equisetum bogotense, que é irmá de todo o resto:

  • Especie suramericana tratada á parte.
Equisetum bogotense Kunth
  • Estomas superficiais e talos ramificados:
Subxénero Equisetum. 8 especies.
Subxénero Hippochaete. 7 especies.

Outras clasificacións

Nas clasificaciónss máis tradicionais como a de Engler, ao teren as follas reducidas, parecidas a microfilos, o clado foi consoderado como un clado de pteridofitas primitivas, e asignóuselle a súa propia clase, considerado máis recente que os psilotos (que teñen as follas aínda máis reducidas), e máis antigo que os demais fentos.

Con tantos caracteres inequívocos (a morfoloxía do talo, as follas verticiladas, os esporanxióforos) o clado foi rapidamente recoñecido como tal, polo que a circunscrición (é dicir, os subtaxons dos que está composto) non variou. A clasificación sensu Engler é a seguinte:

Ecoloxía

Grupo de equisetos en Vilalonga (Sanxenxo)

Están amplamente distribuídas. Encóntranse en todo o mundo excepto en Australia, Nova Zelandia e a Antártida. O maior número de especies viven entre os 40º e os 60º de latitude norte.

Son plantas herbáceas, rizomatosas e perennes. Teñen morfoloxía bambusoide (aínda que non están emparentadas cos bambús). Os talos normalmente son de menos de 1 metro de altura, pero poden chegar aos 8 metros en E. giganteum. Talos de 2 a 4 cm de diámetro.

Son terrestres ou semiacuáticas. Estas plantas son colonizadoras de áreas deforestadas, marxes de lagos, e zonas húmidas.

Evolución

Os parentes fósiles de Equisetum aparecen desde o Devoniano (hai uns 408-360 millóns de anos) e logo se volveron máis abundantes e relativamente pequenos (menos de 1 m de altura) adaptados ao sotobosque dos bosques do Carbonífero.

Algúns membros do clado das equisetópsidas teñen talos que chegaron ata os 20 metros de altura, pero extinguíronse no Carbonífero tal como as licófitas xigantes dese tempo.

Os primeiros fósiles claramente asignables á liñaxe das equisetáceas (claros antepasados de Equisetum) son do Eoceno (hai uns 54-38 millóns de anos), pero o xénero pode estenderse ata o Permiano, hai máis de 300 millóns de anos.

Usos

A sílice presente nos talos fainos bos para esfregar, e os colonos de Norteamérica usábanos para esfregar os utensilios de cociña, unha práctica que aparentemente deu orixe a un dos nomes vulgares desa planta en inglés, scouring rush ('xunco para esfregar').

O Equisetum giganteum e outras equisetáceas son amplamente utilizadas como plantas medicinais, utilizándose a súa parte aérea como diurético. Na Arxentina Equisetum giganteum é unha planta medicinal oficial, xa que posúe unha monografía na Farmacopea Nacional Argentina VI Edición. É unha planta que crece na maioría dos terreos húmidos, pantanosos e zonas con augas estancadas de Asia, Europa, América do Norte e África. Trátase dunha descendente directa das plantas prehistóricas que crecían de maneira impoñente ata case a altura das árbores máis altas dos nosos días, e mantén a maioría das características daquelas épocas, coa excepción do tamaño.

Notas

  1. 1,0 1,1 Christenhusz et al. 2011. A linear sequence of extant families and genera of lycophytes and ferns. Phytotaxa 19: 7-54. (pdf)
  2. 2,0 2,1 Preface to “Linear sequence, classification, synonymy, and bibliography of vascular plants: Lycophytes, ferns, gymnosperms and angiosperms” pdf
  3. 3,0 3,1 Corrections to Phytotaxa 19: Linear sequence of lycophytes and ferns pdf
  4. 4,0 4,1 A. R. Smith, K. M. Pryer, E. Schuettpelz, P. Korall, H. Schneider, P. G. Wolf. 2006. "A classification for extant ferns". Taxon 55(3), 705-731 ( pdf)
  5. 5,0 5,1 Smith, A.R., Pryer, K.M., Schuettpelz, E., Korall, P., Schneider, H., & Wolf, P.G. (2008) Fern classification, pp. 417–467 en: Ranker, T.A., & Haufler, C.H. (eds.), Biology and Evolution of Ferns and Lycophytes. Cambridge , Cambridge University Press.
  6. 6,0 6,1 Pryer, Kathleen M., Harald Schneider, Alan R. Smith, Raymond Cranfill, Paul G. Wolf, Jeffrey S. Hunt y Sedonia D. Sipes. 2001. "Horsetails and ferns are a monophyletic group and the closest living relatives to seed plants". Nature 409: 618-622 (pdf aquí).
  7. 7,0 7,1 Pryer, Kathleen M., Eric Schuettpelz, Paul G. Wolf, Harald Schneider, Alan R. Smith y Raymond Cranfill. 2004. "Phylogeny and evolution of ferns (monilophytes) with a focus on the early leptosporangiate divergences". American Journal of Botany 91:1582-1598 (pdf aquí).
  8. Des Marais, D. L., Smith, A. R., Britton, D. M., y Pryer, K. M. 2003. Phylogenetic relationships and evolution of extant horsetails, Equisetum, based on chloroplast DNA sequence data (rbcL and trnL-F). Int. J. Pl. Sci. 164: 737-751. (pdf aquí)
  9. Guillon, J. M. 2004. Phylogeny of horsetails (Equisetum) based on the chloroplast rps4 gene and adjacent noncoding sequences. Syst. Bot. 29: 251-259. (resumo aquí)
  10. Renzaglia, K. S., Duff, R. J., Nickrent, D. L., y Garbary, D. J. 2000. Vegetative and reproductive innovations of early land plants; implications for an unified phylogeny. Philos. Trans. Ser. B. 355: 769-793.
  11. Kato, M. 1983. The classification of major groups of pteridophytes. J. Fac. Sci. Univ. Tokyo, Sect. 3, Bot. 13: 263-283.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • A. R. Smith, K. M. Pryer, E. Schuettpelz, P. Korall, H. Schneider, P. G. Wolf. 2006. "A classification for extant ferns". Taxon 55(3), 705-731 (pdf aquí)
  • Judd, W. S. Campbell, C. S. Kellogg, E. A. Stevens, P.F. Donoghue, M. J. 2002. Plant systematics: a phylogenetic approach, Second Edition. Sinauer Axxoc, USA.
  • Stevens, P. F. (2001 en adiante). Angiosperm Phylogeny Website. Versión 7 (maio de 2006) e actualizado regularmente.

Ligazóns externas

Read other articles:

Confine tra il Mozambico e il Sudafrica     Mozambico      SudafricaDati generaliStati Mozambico Sudafrica Lunghezza496 km InterruzioniIl confine consiste in due segmenti separati da eSwatini Dati storiciIstituito nel1869 Causa istituzioneTrattato anglo-portoghese Attuale dal1940 ManualeIl confine tra il Mozambico e il Sudafrica è diviso in due segmenti, separati dal regno di eSwatini. Il segmento settentrionale, corre da nord a sud...

 

Diagram that represents a workflow or process Flow chart redirects here. For the poem, see Flow Chart (poem). For the music group, see Flowchart (band). A simple flowchart representing a process for dealing with a non-functioning lamp. A flowchart is a type of diagram that represents a workflow or process. A flowchart can also be defined as a diagrammatic representation of an algorithm, a step-by-step approach to solving a task. The flowchart shows the steps as boxes of various kinds, and the...

 

Canceled NASA Mars rover concept Astrobiology Field LaboratoryAstrobiology Field LaboratoryMission typeAstrobiology roverOperatorNASAWebsiteat jpl.nasa.gov (recovered from archive)Mission duration1 Martian year (proposed) Spacecraft propertiesLaunch mass450 kg (990 lb) maximum Start of missionLaunch date2016 (proposed)   The Astrobiology Field Laboratory (AFL) (also Mars Astrobiology Field Laboratory or MAFL) was a proposed NASA rover that would have conducted a search for life...

Hilton Informasi pribadiNama lengkap Vitorino Hilton da SilvaTanggal lahir 13 September 1977 (umur 46)Tempat lahir Brasilia, BrasilTinggi 1,82 m (5 ft 11+1⁄2 in)Posisi bermain Centre backInformasi klubKlub saat ini MontpellierNomor 4Karier senior*Tahun Tim Tampil (Gol)1996–1999 Chapecoense 0 (0)2000–2001 Paraná Clube 13 (1)2002–2004 Servette 72 (3)2004 → Bastia (pinjaman) 14 (0)2004–2008 Lens 122 (8)2008–2011 Marseille 56 (2)2011– Montpellier 43 (1) *...

 

Pour les articles homonymes, voir Elle et lui et Love Affair. Elle et lui Irene Dunne et Charles Boyer Données clés Titre original Love Affair Réalisation Leo McCarey Scénario Delmer DavesDonald Ogden Stewart Acteurs principaux Irene DunneCharles Boyer Sociétés de production RKO Pays de production États-Unis Genre Mélodrame romantique Durée 88 min Sortie 1939 Pour plus de détails, voir Fiche technique et Distribution. modifier Love Affair Charles Boyer et Irene Dunne Elle et lui (L...

 

Pour les articles homonymes, voir Pierrefitte. Cet article est une ébauche concernant une commune de l’Allier. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?). Le bandeau {{ébauche}} peut être enlevé et l’article évalué comme étant au stade « Bon début » quand il comporte assez de renseignements encyclopédiques concernant la commune. Si vous avez un doute, l’atelier de lecture du projet Communes de France est à votre disposition pour vou...

この項目には、一部のコンピュータや閲覧ソフトで表示できない文字が含まれています(詳細)。 数字の大字(だいじ)は、漢数字の一種。通常用いる単純な字形の漢数字(小字)の代わりに同じ音の別の漢字を用いるものである。 概要 壱万円日本銀行券(「壱」が大字) 弐千円日本銀行券(「弐」が大字) 漢数字には「一」「二」「三」と続く小字と、「壱」「�...

 

Not to be confused with International Indian Public School Riyadh. School in Riyadh, Saudi ArabiaInternational Indian School Riyadhالمدرسة الهنديه العالمية بالرياضLocationRiyadh 116Saudi ArabiaCoordinates24°43′22″N 46°46′21″E / 24.72278°N 46.77250°E / 24.72278; 46.77250InformationEstablished9 October 1982; 41 years ago (1982-10-09)FounderZeenat Musarrat JafriSchool districtRawdah (Boys), Malaz (Girls)PrincipalH...

 

1774 novel by J.W. Goethe This article is about the novel. For the opera adaptation, see Werther. For the film adaptation, see Young Werther. The Sorrows of Young Werther First print 1774AuthorJohann Wolfgang GoetheOriginal titleDie Leiden des jungen WertherCountryHoly Roman EmpireLanguageGermanGenreEpistolary novelPublisherWeygand'sche Buchhandlung, LeipzigPublication date29 September 1774, revised ed. 1787[1]Published in English1779[1]Dewey Decimal833.6LC Clas...

密西西比州 哥伦布城市綽號:Possum Town哥伦布位于密西西比州的位置坐标:33°30′06″N 88°24′54″W / 33.501666666667°N 88.415°W / 33.501666666667; -88.415国家 美國州密西西比州县朗兹县始建于1821年政府 • 市长罗伯特·史密斯 (民主党)面积 • 总计22.3 平方英里(57.8 平方公里) • 陸地21.4 平方英里(55.5 平方公里) • ...

 

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Oktober 2016. Mark of the UnicornIndustriKomputerDidirikan1981KantorpusatCambridge, MassachusettsProdukPerangkat lunakPerangkat kerasSitus webmotu.com Mark of the Unicorn (MOTU) adalah pengembang peranti lunak dan peranti keras untuk memproduksi sebuah audio dan vid...

 

Screenshot kecil dari sebuah permainan Tower Defense Bernama GauntNet Pertahanan menara (bahasa Inggris: tower defense) merupakan subgenre dari permainan video strategi, di mana tujuannya adalah untuk mempertahankan wilayah atau barang milik pemain dari serangan musuh, yang biasanya dicapai dengan menempatkan struktur pertahanan di sepanjang jalur serangan mereka.[1] Ini biasanya berarti membangun berbagai struktur berbeda yang berfungsi untuk secara otomatis menahan, menghambat, ...

American eastern grey squirrels acclimated in Europe A grey squirrel, Sciurus carolinensis, native to North America A red squirrel, S. vulgaris, native to Europe, which has largely been displaced by the grey squirrel in some areas. Europe's grey squirrels (Sciurus carolinensis) originated in North America, where they are known as eastern gray squirrels[1] (to differentiate from western gray squirrels). They eat large seeds, flowers, buds, fruits, fungi, some insects and occasionally b...

 

Disambiguazione – Se stai cercando la battaglia del 1526, vedi Battaglia di Governolo (1526). Battaglia di BorgoforteBorgoforteData29 ottobre 1397 LuogoBorgoforte, Italia EsitoVittoria mantovana SchieramentiMantova Signoria di FerraraPadova Repubblica di Venezia Milano ComandantiCarlo I MalatestaJacopo Dal Verme Voci di battaglie presenti su Wikipedia Manuale La battaglia di Borgoforte fu uno scontro militare avvenuto il 29 ottobre 1397 a Borgoforte (attuale frazione del comune di Bor...

 

Noob Links for myself Help pages The five pillars of Wikipedia How to edit a page Help pages Tutorial How to write a great article Manual of Style Changes Thank you, Rschwieb, you've done a great job. You've been very kind. Serialsam (talk) 12:39, 28 April 2011 (UTC)[reply] Proposal to merge removed. Comment added at https://en.wikipedia.org/wiki/Talk:Outline_of_algebraic_structures#Merge_proposal Yangjerng (talk) 14:03, 13 April 2012 (UTC)[reply] Flat space gravity Archive I've not been work...

Australian judge, administrator and governor Sir Walter CampbellAC, QCCampbell in 199221st Governor of QueenslandIn office22 July 1985 – 29 July 1992MonarchElizabeth IIPremierSir Joh Bjelke-PetersenMike AhernRussell CooperWayne GossPreceded bySir James RamsaySucceeded byLeneen Forde14th Chief Justice of QueenslandIn office18 February 1982 – 7 July 1985PremierSir Joh Bjelke-PetersenPreceded byCharles WanstallSucceeded byDormer Andrews Personal detailsBorn4 Mar...

 

Family of birds Rhipiduridae Grey fantail (Rhipidura albiscapa) Scientific classification Domain: Eukaryota Kingdom: Animalia Phylum: Chordata Class: Aves Order: Passeriformes Superfamily: Corvoidea Family: RhipiduridaeSundevall, 1872 Genera see text The family Rhipiduridae are small insectivorous birds of Australasia, Southeast Asia and the Indian subcontinent that includes the fantails and silktails. Taxonomy and systematics The family contains 55 species which are divided into four genera:...

 

Etsa gudang Kanada (1888) Bangunan tambahan, kadang-kadang disebut bangunan aksesori [1] atau empeyak, adalah bangunan yang merupakan bagian dari kompleks perumahan atau pertanian tetapi terpisah dari area tidur dan makan utama. Memisahkan ruang kerja dari rumah utama akan menghilangkan panas, bau tidak sedap, dan hama yang mengganggu, serta mengurangi risiko kebakaran rumah dan penyakit yang ditularkan melalui makanan.[2] Studi tentang empeyak bersejarah juga memberikan info...

皮尔戈斯Πύργος皮尔戈斯在希臘的位置坐标:37°40′23″N 21°26′22″E / 37.673°N 21.4395°E / 37.673; 21.4395国家 希腊大区西希腊大区区5政府 • 市长Makis Paraskevopoulos面积 • 总计170.9 平方公里(66.0 平方英里)最高海拔3 公尺(10 英尺)最低海拔0 公尺(0 英尺)人口(2001)[1] • 總計34,902人 • 密度20...

 

Olympic gymnastics event Men's horizontal barat the Games of the I OlympiadHermann Weingärtner (gold)Alfred Flatow (silver)VenuePanathinaiko StadiumDateApril 9Competitors15 from 4 nationsMedalists Hermann Weingärtner Germany Alfred Flatow Germany1904 → Gymnastics at the1896 Summer OlympicsVaultmenPommel horsemenRingsmenParallel barsmenHorizontal barmenRope climbingmenTeam parallel barsmenTeam horizontal barmenvte The men's horizontal bar was one of eight gymna...