Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Elías López.
Elías López Armesto, coñecido como Pájaro, nado en Teilán (Bóveda) en 1911 e finado na mesma parroquia en 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Irmán de José López Armesto. Incorporouse á guerrilla e foi membro da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, e un dos lugartenentes de Xosé Castro Veiga. Procesado na causa 522/47, foi reclamado polo Xulgado Militar Eventual número 1 de Lugo con Adolfo Gregorio Cenitagoya González, Manuel Rodríguez, Xosé Castro Veiga, José Pardo Rodríguez, Francisco López Quinte, Abelardo Gutiérrez Alba e Xosé Arias Fernández en febreiro de 1948.[1] O 22 de xuño de 1949 os disparos do garda civil infiltrado Francisco Cano Román acabaron coa vida dos seus compañeiros Manuel Fernández Soto e Bernardo Álvarez Trabajo en Teilán. Elías resultou malferido, conseguiu fuxir e refuxiarse no monte, onde morreu pouco tempo despois. Un pastor atopou o seu cadáver devorado por animais case un mes máis tarde. Foi soterrado no cemiterio de Teilán, nun lugar diferente ao dos outros dous guerrilleiros.[2][3]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
|
---|
Guerrilleiros antifranquistas | |
---|
|