Salvador Valcárcel Montenegro, coñecido como Recaré ou Recarey, nado en Quinzán das Peras (parroquia de Argozón, Chantada) e finado en Adá o 11 de abril de 1939, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Fuxido dende o principio do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi o líder dun grupo de guerrilleiros que actuaba no suroeste da provincia de Lugo, principalmente no concello de Chantada. Formaban parte deste grupo Jesús López Suárez, Benjamín Argiz Fiunte, Victorino Quintana Vázquez e Benito Montes Otero. Foi xulgado en Lugo na causa 765/38 e declarado en rebeldía. Foi requirido polo xuíz militar de Lugo en febreiro de 1939.[1] O 11 de abril de 1939 o grupo asaltou o ómnibus da empresa Montaña que facía o percorrido Lugo-Ourense. No autobús viaxaba un sarxento do exército que se enfrontou aos guerrilleiros. Estes fuxiron e o sarxento deu aviso a Lugo de onde saíron forzas do exército e da Garda Civil. Localizados os guerrilleiros en Adá, enfrontáronse aos perseguidores e Salvador Valcárcel e outros dous guerrilleiros resultaron mortos.[2][3][4]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.
Ligazóns externas
|
---|
Guerrilleiros antifranquistas | |
---|
|