José Pardo Rodríguez, coñecido como Rego, nado en Sarria en 1921, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Fillo de Manuel Pardo e Jesusa Rodríguez. Enlace da guerrilla que tivo que fuxir ao ser descuberto. Integrouse na III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia ben entrada a década dos corenta con Gregorio Cenitagoya González, Julián Mateo Vázquez, Maximino Rodríguez Pérez e Julio Fernández Rodríguez. Procesado na causa 522/47, foi reclamado polo Xulgado Militar Eventual número 1 de Lugo con Adolfo Gregorio Cenitagoya González, Manuel Rodríguez, Xosé Castro Veiga, Francisco López Quinte, Abelardo Gutiérrez Alba, Elías López Armesto e Xosé Arias Fernández en febreiro de 1948.[1]
Notas
- ↑ El Progreso, 29-2-1948, p. 2,
Véxase tamén
Bibliografía
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 105. ISBN 84-8485-231-8.
|
---|
Guerrilleiros antifranquistas | |
---|
|