José López Armesto, nado en Paradela en 1903 e finado en Monforte de Lemos o 16 de decembro de 1982,[1] foi un político galego.
Traxectoria
Irmán de Elías López Armesto. Emigrou moi novo a Cuba e despois a Nova York, onde traballou nun hotel e na firma de ascensores Otis. Nunha viaxe a Paradela decidiu casar e instalou un comercio. Na II República foi elixido alcalde de Paradela en abril de 1933, militando no Partido Republicano Gallego. Integrado en Izquierda Republicana, foi reposto no cargo logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido e agochado en Reiriz xunto ao alcalde de Sarria Antonio Páramo Sánchez. Ao rematar a guerra entregouse e ingresou no cárcere de Lugo o 8 de marzo de 1940. Foi xulgado en Lugo por auxilio á rebelión, resultando a súa causa con sobresemento provisional. Instalouse en Monforte de Lemos, onde montou un bar e ultramarinos, a froitaría Bóveda. Alí morreu en decembro de 1982, ao ser atropelado nun paso de peóns.
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, 18-12-1982, p. 38
Véxase tamén
Ligazóns externas