Retornou a España a fins de 1910 para tentar de novo acceder a algunha cátedra universitaria, por exemplo a de Metafísica da Universidade Central, que finalmente gañou José Ortega y Gasset. Porén a concesión dunha nova bolsa pola Junta de Ampliación de Estudios fixo que volvese novamente a Leipzig. Ao regresar para España, retomou o seu posto en Ourense en 1912, onde creou un laboratorio de psicoloxía experimental. En 1913 o Goberno pensionouno catro meses para estudar o funcionamento do ensino secundario en Francia, Bélxica e Prusia.[1]
En 1914 pasou ao instituto de Toledo. Neses anos interesouse polos movementos galeguistas, pero nunca tivo unha militancia activa. En 1917 casou con María Francisca Romero, natural de Xinzo de Limia. En 1918 opositou para o Instituto Cardenal Cisneros, logrando por fin residir en Madrid, que era o que desexaba desde había anos. En 1919 e 1922 naceron os fillos, María dos Anxos e Anxo. Morreu en 1935 por un cancro hepático. Os seus restos foron trasladados de Madrid a Vilardevós en 2001.[1]
Obra
Ao longo da súa vida Eloy Luís André publicou unha obra que se pode cualificar de extensa. As súas publicacións atenden a varias vertentes básicas: os manuais de ensino, as publicacións de psicoloxía, os problemas educativos e os libros de creación filosófica propia, destacando neste sentidos os seus ensaios sobre mentalidade colectiva, talvez influído polo interese de Wundt na psicoloxía dos pobos. Outra faceta de André levouno a escribir artigos de economía, espallados en revistas e xornais.
Listaxe de publicacións
El histrionismo español: ensayo de psicología política. Barcelona. 1906.[3]
Ética española, problemas de moral contemporánea. Madrid. 1910.[5]
Sistema de Filosofía Científica, 2 tomos, de Guillermo Wundt, 1913.[10]
Outros aspectos
O escritor galego Silvio Santiago realizou un breve retrato humano dun André xa entrado en anos na súa novela autobiográfica Vilardevós (1961, Galaxia).
Galería de imaxes
El histrionismo español.
Léxico de filosofía.
Filósofos contemporáneos.
Ética española.
Introducción a la Filosofía I.
La vida. Su valor y su significación.
Sistema de Filosofía Científica I.
La mentalidad alemana.
La cultura alemana.
La educación de la adolescencia.
Dos idearios y dos democracias.
Elementos de Psicología
Ética individual y social.
Nociones de psicología experimental.
Lógica. Morfología mental.
El ferrocarril del Príncipe de Asturias.
El espíritu nuevo en la educación española.
Deontología. Breviario de Moral Práctica.
Rudimentos de derecho español.
Ideario político de Espinosa.
Deontologia. Breviario de moral práctica
Españolismo. Prasologio.
Necrolóxica, maio de 1935.
Notas
↑Luís é apelido, aínda que sempre foi coñecido como André.
↑Alejo Bertrand é o nome castelanizado de Alexis Bertrand (1850-1923).
Carpintero Capell, Heliodoro (1994). Historia de la psicología en España, Madrid, Eudema Universidad. ISBN 84-7754-185-X
Castro; Castro y Sánchez (1993). "Una aproximación biográfica a la figura de Eloy Luis André (1876-1935) desde la historia de la Psicología", Rev. Hist. Psicología, v. 14, nº 3-4.
Santiago Pérez, M. J. de, Dosil Maceira, Agustín: "Juan Vicente Viqueira e Eloy Luís André: dous psicólogos galegos de principios de século", en EDUGA, nº 14, febreiro 1997.