Elisa LoncónElisa del Carmen Loncón Antileo, nada o 23 de xaneiro de 1963 na comunidade de Lefweluan de Traiguén, na rexión de Araucanía, é unha lingüista e política mapuche, activista dos dereitos indíxenas. En 2021, Loncón foi elixida como unha das representantes do pobo mapuche para a Convención Constitucional. Logo da creación do órgano constituínte, Loncón foi elixida Presidenta da Convención Constitucional o 4 de xullo de 2021.[1] TraxectoriaLoncón naceu en Lefweluan, unha comunidade mapuche preto de Traiguén, na rexión de Araucanía.[1] Medrou na pobreza, lembrando que a súa familia sofría inseguridade alimentaria a longo prazo. Nunha entrevista do ano 2017, Loncón declarou que o centro cerimonial mapuche local de Lefweluan foi destruído en favor dun vertedoiro e viu como os seus irmáns desenvolvían infeccións cutáneas mentres xogaban no lixo.[2] Un dos seus bisavós loitou contra a invasión chilena de Araucanía (1861–1883) e foi aliado de José Santos Quilapán.[3] A súa familia participou na recuperación da propiedade da terra antes e durante a reforma agraria chilena (1962–1973). Por mor da súa participación na recuperación da terra, o avó materno de Elisa Loncón, Ricardo Antileo, foi encarcerado pola ditadura militar de Augusto Pinochet. Loncón estudou inglés na Universidade de La Frontera en Temuco.[4] Ten estudos de posgrao no Instituto Internacional de Estudos Sociais da Haia e na UAM Iztapalapa de Cidade de México. É doutora pola Universidade de Leiden e doutora en literatura pola Pontificia Universidade Católica de Chile. Loncón é profesora a tempo completo na Universidade de Santiago, centrada na investigación sobre o ensino da lingua mapuche e a súa persistencia no contexto contemporáneo.[4] Escribiu diversos libros e publicacións, principalmente sobre innovación e expansión dos recursos léxicos da lingua mapuche.[5] Activismo políticoFormou parte da organización cultural Ad Mapu e do Aukiñ Wallmapu Ngulam (AWNg ou Consello de Todas as Terras).[6] Como parte do AWNg, participou no deseño da bandeira mapuche, a Wenufoye.[7] O traballo de Loncón foi nomeado polas Nacións Unidas nun comunicado de prensa de 2017 que instaba ao goberno chileno a deixar de empregar a lei antiterrorista contra activistas mapuches.[8] Tamén fundou a Rede polos Dereitos Educativos e Lingüísticos dos Pobos Orixinarios de Chile mediante que a inclusión das linguas indíxenas no sistema de ensino de Chile cando se debatía a Lei Xeral de Educación de 2007.[9] Ademais, redactou o proxecto de Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Orixinarios que pretendía oficializar estas linguas.[10] En 2021, foi candidata á Convención Constitucional chilena, en representación da poboación mapuche das rexións de Coquimbo, Valparaíso, Santiago, O'Higgins e Maule. Durante a campaña ademais da defensa dos dereitos do colectivo mapuche, manifestou a súa vontade de que a futura carta magna recoñece a Chile como un Estado plurinacional.[11] Foi electa, converténdose nun dos membros da Convención. O 4 de xullo de 2021, despois da inauguración da Convención, foi elixida presidenta. Logrou 96 votos na segunda volta, principalmente das coalicións de esquerda e centro esquerda ("Apruebo Dignidad", "La lista del pueblo" e parte da "Lista del Apruebo").[1] Pouco despois de ser elixida presidenta da Convención Constitucional, Loncón declarou o seu obxectivo de debater os temos de liberación dos chamados presos da revolta e dos presos políticos do conflito mapuche.[12][13] Logo de seis meses, segundo o regulamento da Convención, o seu exercicio como presidenta chegou á fin, continuando como membro dende o 4 de xaneiro de 2022. Na súa mensaxe de despedida, Loncón apelou ao diálogo e criticou o que considerou escasa vontade de colaboración do goberno de Sebastián Piñera ao inicio das sesións da Convención.[14] Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|