Ein deutsches Requiem, Op. 45 (en galegoUn Requiem alemán) é unha grande obra de Johannes Brahms para orquestra, coro e solistas, composta entre 1865 e 1868. Está composta de sete partes e ten unha duración de entre 65 e 80 minutos, o que a converten na obra máis longa do compositor alemán. Ein deutsches Requiem é unha obra sacra, mais non litúrxica, e a diferenza da longa tradición de Réquiems escritos en latín, Ein deutsches Requiem está escrito en lingua alemá.
Historia
No seu propio catálogo, Brahms indica unha única etapa de composición do seu Requiem: «Verán de 1866, Zuric e Baden-Baden»[1]. Non obstante, a xénese da obra foi longa, prolongándose dende 1854 ata 1868.
A nai de Brahms morreu en febreiro de 1865, unha perda que provocou nel moita dor e ben puido ter inspirado Ein deutsches Requiem. Os prolongados sentimentos despois da morte de Robert Schumann en xullo de 1856 puideron ser tamén motivacións, aínda que a súa reticencia sobre estes feitos faino incerto.[2]
A súa idea orixinal era a dunha obra de seis movementos; de acordo cos seus lugares eventuais na versión final, estes eran os movementos 1–4 e 6–7.[3] A finais de abril de 1865, Brahms rematara xa o primeiro, segundo e cuarto movementos. O segundo movemento empregaba algo de material musical abandonado que escribira en 1854, o ano do colapso mental e intento de suicidio de Schumann, e o traslado de Brahms a Düsseldorf para axudar a Clara Schumann e os seus fillos pequenos.[2]
Brahms rematou toda a obra agás o que agora é a quinta parte en agosto de 1866.[4]Johann Herbeck dirixiu os tres primeiros movementos en Viena o 1 de decembro de 1867. Esta estrea parcial foi mal dibido a un malentendido coa puntuación da partitura de timbal. As seccións marcadas como pf foron tocadas como f ou ff, afogando ao resto da orquestra na sección fugada do terceiro movemento.[5] A primeira interpretación dos seis movementos foi estreada na Catedral de Bremen seis meses despois no Venres Santo, o 10 de abril de 1868, baixo a dirección do propio compositor e con Julius Stockhausen como barítono solista.[4] A interpretación foi un grande éxito e marcou un punto de inflexión na súa carreira.[2]
A partitura foi publicada por Rieter-Biedermann en Leipzig en novembro de 1868.[1]
Características
Trátase dun híbrido entre a cantata e o oratorio, onde a sensibilidade está moi próxima á misericordia, a compaixón e o optimismo,[7] o que a afasta do réquiem no sentido litúrxico, así como da Misa de defuntos ou dunha intencionalidade sacra. Neste sentido, Brahms afástase da tradición católica, e se sitúa na órbita das ensinanzas do luteranismo ao seleccionar textos bíblicos que eluden referencias á vida eterna, ao xuízo final ou a un Deus castigador.
Instrumentación
Ademais da utilización de coro e soprano e barítono solistas, a partitura de Brahms require da utilización de:
2010 Coviello Classics: Simon Halsey (director), Rundfunkchor Berlin (versión para piano a catro mans de Johannes Brahms nun arranxo para coro e solistas), Marlis Petersen (soprano), Konrad Jarnot (barítono), Philip Mayers e Phillip Moll (piano)
Notas
↑ 1,01,1Guide de la musique sacrée et chorale profane — de 1750 à nos jours, sld. François-René Tranchefort, Fayard, 1993, páxs. 113-120