A Berliner Philharmoniker (en galego , Orquestra Filharmónica de Berlín ), anteriormente coñecida como Berliner Philharmonisches Orchester é unha orquestra filharmónica da cidade de Berlín (Alemaña ).
Historia
Selo alemán conmemorativo do centenario da institución, deseñado por Reinhold Gerstetter
Foi fundada en 1882 No 2006 , un grupo de dez medios europeos votaron á Berliner Philharmoniker como a terceira da lista das "dez mellores orquestras europeas" por detrás da Wiener Philharmoniker e a Koninklijk Concertgebouworkest ,[ 1] mentres que no 2008 foi votada como a segunda mellor orquestra do mundo segundo unha orquestra levada a cabo pola revista especializada británica Gramophone (por detrás do Concertgebouw).[ 2] A súa principal sede dende 1963 é o Berliner Philharmonie , situado na zona do Kulturforum , debido á destrución na segunda guerra mundial da súa antiga sede. Dende o 2002 , o seu director principal é o inglés Sir Simon Rattle . A Berliner Philharmoniker serve tamén de base a moitos grupos de música de cámara . O financiamento da organización está subvencionado pola cidade de Berlín e unha asociación con Deutsche Bank .
Directores da Berliner Philharmoniker
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas