Eileen Marie Collins, nada en Elmira (Nova York) o 19 de novembro de 1956, é unha astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-114, STS-93, STS-84 e STS-63. Pasou un total de 36,34 días no espazo. Foi a primeira muller piloto do transbordador espacial e a primeira muller comandante dunha nave dos Estados Unidos.[1]
Traxectoria
Collins é graduada en matemáticas e economía pola Universidade de Siracusa en 1978 e máster en investigación pola Universidade de Stanford en 1986, así como un máster en xestión de sistemas espaciais pola Universidade Webster en 1989.[1]
Foi seleccionada pola NASA en xaneiro de 1990, converténdose oficialmente en astronauta en xullo de 1991. Foi piloto nas misións STS-63 e STS-84 e comandou a STS-93 e a STS-114. Pasou un total de 36,34 días no espazo. Retirouse da NASA en maio de 2006.[1]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos