EXOS D
EXOS D (Exospheric Satellite D), tamén denominado Akebono, foi un satélite artificial xaponés lanzado o 21 de febreiro de 1989 mediante un foguete M-3S-2 desde o Centro Espacial de Kagoshima.[2][5] CaracterísticasA misión de EXOS D foi estudar as rexións de aceleración por encima das zonas aurorais para mellorar a comprensión do mecanismo de aceleración e a súa relación coas subtormentas. O satélite estabilizábase por rotación, a 7,5 r.p.m. O control de actitude era levado a cabo magneticamente, co eixo da nave apuntando ó Sol. O ordenador de a bordo permitía automatizar a secuencia de toma de datos para unha semana completa. Tiña forma de cilindro octogonal cunhas medidas de 100 cm de alto e 126 cm de longo entre caras, cun par de antenas de 30 m de longo e dous mastros de 5 e 3 m. O centro de control e recepción de telemetría do satélite estaba en Kagoshima, con estacións secundarias en Syowa (Antártida) e Príncipe Alberto (Canadá).[1][2][3][6][7] InstrumentosEXOS D levaba a bordo os seguintes instrumentos:[2][5]
Notas
Véxase taménOutros artigos |