Don DeLillo, nado en Nova York o 20 de novembro de 1936 é un escritor estadounidense, coñecido polas súas novelas que retratan a vida do seu país a finais do século XX e principios do XXI. É considerado pola crítica especializada unha das figuras centrais do posmodernismo literario.
Traxectoria
Fillo dunha familia de inmigrantes italianos, DeLillo naceu no barrio do Bronx. A súa casa estaba habitada por once persoas e, como el mesmo lembra, pasaba "todo o tiempo na rúa";[1] conta tamén que a súa avoa, que viviu cincuenta anos nos Estados Unidos, nunca aprendeu o inglés.
Estudos na Universidade de Fordham, no Bronx, onde se graduou en 1958. Comezou a escribir nun traballo como garda de aparcadoiro e as súas referencias literarias iniciais foron James Joyce, William Faulkner, Ernest Hemingway e Flannery O'Connor.
DeLillo traballou cinco anos na axencia literaria Ogilvy & Mather. Publicou o seu primeiro relato en 1960, "The River Jordan", en Epoch, a revista literaria da Universidade Cornell. Empezou a escribir Americana, a súa primeira novela en 1966 e publicouna en 1971. Catro anos despois contraeu matrimonio con Barbara Bennett. Durante a década de 1970 viviu algúns anos en Grecia, onde escribiu The Names.
O recoñecemento como escritor chegoulle coa novela White Noise, publicada en 1985. A esta seguírona, entre outras, Libra (1988), Mao II (1991) e Underworld (1997). Despois de publicar esa novela produciuse un cambio sutil nas obras de DeLillo, que se volveron "máis breves e meditativas”, con “pontes que entroncaban coas artes visuais.[2]
Cosmopolis (2003) foi considerada “unha incisiva exploración dos danos morais post-11-S” e “converteuse nun texto profético que illou as correntes subterráneas que nos levaron ao presente colapso do sistema”.[3] David Cronenberg adaptaouna ao cinema en 2012.
En 2010 apareceu Point Omega, na que aborda o problema da guerra en Iraq e no ano seguinte saíu o seu primeiro libro de contos, The Angel Esmeralda, unha selección de nove relatos da vintena que publicou ao longo da súa vida.
Obra
- Novelas
- Coleccións de contos
- Relatos breves
- Obras teatrais
- Guións
- Ensaios
- "American Blood: A Journey through the Labyrinth of Dallas and JFK" (1983)
- "Salman Rushdie Defense" (1994) (Coescrito con Paul Auster)
- "The Artist Naked in a Cage" (1997)
- "The Power of History" (1997)
- "A History of the Writer Alone in a Room" (1999)
- "In the Ruins of the Future" (2001)
Notas
Véxase tamén